Feijóo é cómplice da subida das peaxes na AP-9, un atraco ás galegas e galegos

Ana Pontón
Ana Pontón

O BNG aposta por “redobrar” a presión social e política contra un incremento das tarifas que os usuarios e usuarias senten “como unha estafa”

Subidas para Galiza e 4.000M de euros para rescatar as radiais madrileñas

O BNG considera que non se pode “quedar de brazos cruzados” cruzados mentres as peaxes da AP9 aumentan case un 4%, -un 60% máis ca media estatal-,  cando Galiza xa paga unha das tarifas máis altas do Estado nun país no que os salarios figuran entre os máis baixos.

Por contra, a portavoz nacional, Ana Pontón, avanza que o Bloque “vai redobrar a presión política e social contra unha estafa, porque o que senten os usuarios da AP9 é que os están atracando, e por riba co aval do Goberno a unha concesionaria que ten uns beneficios de escándalo”.

Pontón responsabiliza ao presidente da Xunta desta nova subida das tarifas da AP9, que entran en vigor co inicio de 2018. “Feijóo é o principal responsable desta situación porque cala, asinte e é cómplice dunha nova estafa aos galegos e as galegas”, salientou a dirixente nacionalista, que atribúe esta discriminación á “irrelevancia política” de Galiza pola subordinación do xefe do Executivo á Madrid.

“O que me sorprende é que cando se trata de defender os intereses de Galiza parece misión imposible e todo son penalizacións, como no caso das peaxes, pero ao mesmo tempo vemos como Mariano Rajoy vai destinar 4.000 millóns de euros para rescatar as radiais madrileñas, que tamén se fan con cartos dos e das galegas”, alegou Pontón, “Non sei porque sempre hai recursos para os demais e para Galiza peaxes cada vez máis altas ata o 2048”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG