Ana Pontón

O debate no Congreso da transferencia da AP-9 é clave para Galiza e non estariamos aquí de non ser polo BNG

Ana Pontón, Joan  Margall (ERC) e Luís Bará
Ana Pontón, Joan Margall (ERC) e Luís Bará

Pide celeridade na tramitación e que os grupos políticos no Congreso respecten o texto aprobado polo Parlamento galego que inclúe a transferencia e rescate da AP-9

Previo ao debate, Pontón e Bará mantiveron diversos encontros con deputados e deputadas dos grupos políticos nacionalistas e soberanistas

O BNG valora a toma en consideración da Lei de transferencia da AP9 que esta tarde aproba o Congreso d@s deputad@s como un paso decisivo para conseguir a xestión galega desta autoestrada e, por tanto, as ferramentas para tomar as decisións desde Galiza que posibilitarían o principio da fin da estafa das peaxes.

“Hoxe é un gran día para Galiza”, proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, “porque estamos ante o primeiro paso para conseguir unha AP-9 xestionada desde o noso país e para ter os instrumentos que nos permitan poñer fin a ese abuso constante e maltrato ao que AUDASA somete a todas as persoas que cada día circulan por esta vía”, salientou desde a Cámara baixa onde seguiu o debate da lei.

Marian Beitialarrangoitia (Bildu), Ana Pontón e Luís BaráPontón reivindicou o traballo do BNG para lograr este obxectivo, lembrando que é autor e impulsor do texto que hoxe recibe lu verde na Cámara baixa.

“Este logro importante para Galiza é posible grazas ao traballo político do Bloque a favor dunha AP-9 galega e libre da estafa das peaxes. Este logro ten detrás un traballo moi importante, e é xusto recoñecer que esta lei non estaría hoxe no Congreso senón é polo traballo do BNG,  que foi quen impulsou a lei, quen escribiu desde a primeira a última liña, quen a defendeu ante o Tribunal Constitucional cando se impuxo un veto por parte do PP todos estes anos, e quen levou a cabo unha campaña de denuncia e protesta de anos contra a estafa das peaxes”, recalcou a líder nacionalista.

“É un día importante para Galiza aínda que sabemos que é un primeiro paso”, insistiu, tras pedir celeridade na tramitación, tendo en conta ademais que se descoñece canto pode durar a actual lexislatura estatal.

“Por iso, desde o BNG faixe unha dobre petición. A primeira é que se respecte o texto lexislativo aprobado por unanimidade no Parlamento galego, polo tanto que se respecte a literalidade desta lei que prevé tanto a transferencia como a posibilidade de que sexa rescatada para o público. É posible, se se rescatan as radiais madrileñas, porque non se vai rescatar aos galegos e as galegas das peaxes da AP-9?”, salientou.

Ana Pontón, Joan Baldovi (Compromís) e Luís Bará“E, en segundo lugar, que haxa celeridade na tramitación, hai fórmulas para que nos próximos meses se faga efectiva a transferencia  para conseguir canto antes ter unha AP-9 galega, na que as decisións se tomen desde Galiza e non desde Madrid que xa vimos cal é o resultado ao longo destes anos”, argumentou.

Neste sentido, a dirixente do Bloque agarda “que ningún grupo altere o que foi un acordo unánime da Cámara galega porque estamos falando dunha lei que se tramitou sen ningún tipo de emenda e, polo tanto, todos os grupos estivemos de acordo na literalidade desa lei. Esperamos que non se fagan prácticas como dilatar os prazos coa presentación de emendas  que terminan deixando sen contido a lei”, demandou.

Iñaki Barandiara (PNV), Ana Pontón e Luís BaráRonda de contactos

Pontón considera que na tramitación da transferencia “estamos no tempo de desconto”, tendo en conta a demora debida ao veto  ilegal como ditaminou o propio Tribunal Constitucional, “xerando unha situación que o BNG considera un agravio a Galiza”. Neste contexto, “o lóxico sería que no Congreso se acelere a tramitación e, por exemplo, os grupos políticos que apoian a toma en consideración respecten a decisión que tomamos en Galiza e que non presenten emendas. Isto permitiría que nun prazo e dous tres meses a lei poda estar aprobada”, concluíu.

Antes de asistir ao debate, a portavoz nacional e o portavoz de Infraestruturas, Luís Bará, mantiveron unha ronda de encontros con deputados e deputadas das forzas políticas nacionalistas e soberanistas para trasladarlle a importancia da Lei e recabar o seu apoio. Entre os encontros, co portavoz de Compromís, Joan Balvoví; coa portavoz de EH-Bildu, Marian Beitialarrangoitia; co deputado de ER, Joan Margall, e con Iñaki Barrandiarán do PNV.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG