A CRTVG incumpriu o seu deber de servizo público ante unha poboación asolada pola vaga de lumes

Incendio
Incendio

Olalla Rodil pregunta a Izquierdo con que obxectividade pode informar un xefe de redacción que chama “caverna, tropa, xentuza e carroñeiros” aos que non pensan como el e se manifestaron contra a xestión dos incendios

O BNG denunciou no Parlamento que a Radio Galega e a TVG incumpriron o seu labor de servizo público durante a vaga de lumes ante unha poboación asolada polos incendios que viviu momentos de pánico sen poder recibir dos medios de comunicación públicos información en tempo real e fidedigna nunha situación de emerxencia nacional.

Persoas atrapadas nas autoestradas que prendían a radio pública esperando ter información útil e se tropezaban con retransmisións deportivas ou que vían como na televisión pública emitían Land Rover, denunciou a portavoz nacionalista na comisión parlamentaria da CRTVG, Olalla Rodil, ante o presidente do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, a quen pediu explicacións polo “silencio informativo” dos medios públicos na práctica totalidade do 15-0.

Pero ademais de incumprir o seu deber de servizo público, Rodil tamén denunciou a falta de pluralidade da CRTVG e, neste sentido, preguntoulle a Izquierdo con que proporcionalidade e obxectividade podía informar un xefe de redacción que cualifica de “caverna galega, inframundo, gentuza, tropa ou carroñeiros” a  milleiros de persoas “que non pensan como el e que se manifestaron contra  xestión dos lumes”, en relación a un artigo publicado por Luís Ojea, responsable do espazo informativo da RG A Crónica “e polo tanto tamén voz da corporación”.

“Milleiros de persoas saen á rúa exercer o seu dereito inalienábel a se manifestar, e que lles di un responsábel da Radio Galega? Que fan política de barra de bar e que son uns carroñeiros”, salientou, “todo isto mentres gababa a política forestal do PP”.  “Hai que ser conscientes de onde se está” e da responsabilidade que se ocupa argumentou Rodil, tras criticar que Sánchez Izquierdo non tivese solicitado a súa comparecencia e se agoche tras o veto do PP.

Falta pluralidade de voces e de xénero

A portavoz do Bloque na comisión parlamentaria da CRTVG reprochoulle ao director do ente que a falta de pluralidade é unha constante nos medios públicos, tanto no ideolóxico como por xénero. “A pluralidade de voces en canto a xénero, en canto a ideoloxía, en canto a perspectivas de análise e interpretación da realidade, pluralidade que debe ser reflexo da diversidade que existe na sociedade galega,  brilla pola súa ausencia na Radio e na Televisión públicas deste país”, denunciou Rodil.

“Catro contertulios, a maior parte homes, 3 do réxime e un sparring. Esa podería ser a síntese das mesas de debate político que atopamos nos medios públicos galegos”, indicou a deputada. Neste contexto, “enténdese que se chama 3 veces ás portavocías dos grupos parlamentarios para opinar do conflito entre Catalunya e o Estado e nin unha soa para falar da vaga de lumes neste país nos medios públicos deste país”, citou a modo de exemplo.

“Nin unha entrevista ás portavocías da oposición para que avaliasen os lumes. Sabe que dicía, porque vemos que estes días a consigna e revisar a hemeroteca a ver que poden rescatar de 2006, sabe que dicía o PP nesta comisión naquela altura, denunciaba que a entrevista a Feijóo fose emitida ás 18h porque era un horario de baixa audiencia. “Debería caerlle a cara de vergoña á Dirección Xeral da CCRTVG”, dicía daquela o PP. Agora que nin sequera hai entrevista a quen  se supón que lle ten que caer a cara de vergoña señor Izquierdo?”, concluía.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG