Comunicado do BNG a respecto do ataque a institucións da República Bolivariana de Venezuela

Desde o Bloque Nacionalista Galego (BNG) condenamos enerxicamente o ataque armado perpetrado contra as sedes do Ministerio del Poder Popular para las Relaciones Interiores, Justicia y Paz y del TSJ, cometido en Caracas, e denunciando internacionalmente. O BNG condena e rexeita o atentado á soberanía nacional da República Bolivariana de Venezuela e ás súas lexítimas institucións, que se ve ameazada nunha escalada golpista crecente de violencia organizada para desestabilizar a República. Estes actos de violencia inusitada estamos seguros de que forman parte dun plan desestabilizador configurado no exterior polo Imperialismo a través de mercenarios preparados para este cometido, que pretende o control do espazo, da enerxía e da economía deste país

O Pobo de Venezuela é un pobo pacífico e por iso enviamos desde Galiza o noso apoio ao respecto institucional ás institucións elixidas polas mulleres e homes de Venezuela, dos seus poderes constitutivos, lexislativo, executivo, xudicial e popular, e sumámonos á protesta internacional que desde as organizacións de esquerda que defendemos a autodeterminacións dos pobos. Non podemos aceptar a violencia que ataca a soberanía popular, territorial, enerxética e económica dun Estado como a República Bolivariana de Venezuela. 

En nome da nosa Executiva Nacional, transmitimos a nosa solidariedade á Embaixada para o seu traslado á Cancilleria e ao Goberno e comprometémonos a seguir denunciando os ataques violentos contra un Goberno que promove a Paz, o diálogo e o benestar do seu Pobo. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG