O comentario machista de Feixóo no Parlamento: “A señora Pontón está moi necesitada”

Ana Pontón: “É un comentario que destila machismo inaceptable e retrata a catadura moral de quen o di”

Na Sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego, cando xa rematara a quenda de interpelación de Ana Pontón ao xefe do Executivo galego, replicaba ao portavoz parlamentario de En Marea: “A señora Pontón está moi necesitada, pero vostede está aínda máis”.

Ante tal manifestación de machismo, a dirixente do Bloque solicitou a palabra ao presidente do Parlamento amparándose no artigo do regulamento da Cámara que vela pola dignidade dos e das deputadas. Reclamaba unha desculpa pública do presidente da Xunta ao considerar totalmente insuficiente que Feixóo pedise a retirada de tan ofensivo argumento para intentar tapar un exabrupto que o retrataba.

“O señor Feixóo acaba de dicir no Pleno a señora Pontón está moi necesitada, é un comentario inaceptábel, que destila machismo repugnante e que retratada a súa catadura moral. Pedir desculpas é o mínimo ante unha faltada que atenta contra a dignidade das mulleres”, salientou a portavoz do Bloque tanto na Cámara como a través das súas redes sociais, onde está a recibir un apoio maioritario.

 

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG