Imprimir

Carme da Silva pasa o día de reflexión gozando da música, do deporte e da familia na cidade de Pontevedra

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 27 de abril de 2019

Pontevedra
Pontevedra

A cabeza de lista do BNG asistiu ao concerto de Marcelo Dobode no Galegote Rock e despois veu varias das probas dos mundiais de Duatlón

A cabeza de lista do BNG na provincia de Pontevedra, Carme da Silva aproveitou a xornada de reflexión de hoxe para gozar da música e das probas deportivas que se están a desenvolver co ITU Multisport na cidade e tamén para gozar de amigas, amigos e familiares.

“Hoxe non teño que reflexionar, polo que é un día para descansar e gozar da cidade de Pontevedra. Hai un ambiente espectacular con moitas actividades”, subliñando o concerto de Marcelo Dobode no Campiño de Santa María, dentro do Galegote Rock que organiza o Concello de Pontevedra, onde estivo acompañada de varios concelleiros e concelleiras.

Despois Da Silva aproveitou algún oco para ver as probas de elite feminina do Duatlón, sinalando que é preciso apostar polo deporte que fan as mulleres, asegurando que mañá 28A volverá ser un novo 8M. Finalmente a candidata ten previsto pasar a tarde con amigos e amigas e familiares, aos que agradeceu o apoio incondicional durante a campaña e aos que sinalou “é de recibo devolver todo o cariño que me deron durante estas semanas”.

En canto á xornada de votación, a nacionalista agarda que o día sexa tranquilo, que a xente acuda a votar para defender os seus intereses e que o BNG poida ter representación para dar voz a Galiza no Congreso dos Deputados. Da Silva acudirá mañá a votar ás 10 da mañá no local social do Gorgullón.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/carme-da-silva-pasa-dia-reflexion-gozando-da-musica-do-deporte-da-familia-cidade-pontevedra/20190427193018024636.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr