Carme Aira volve a pedir transparencia sobre o número de persoas rastreadoras e a realización de test masivos no Incio

O BNG traslada as súas condolencias ás familias das dúas persoas falecidas polo coronavirus, usuarias da   Residencia de maiores do Incio
A deputada nacionalista,  Carme Aira traslada as condolencias do BNG ás familias, amigos e amigas das dúas persoas falecidas pola COVID-19, usurarias da Residencia de maiores O Incio.

A parlamentaria do BNG, que onte mesmo reclamaba a intervención pública da Xunta da residencia de maiores ante a repunta do virus,  volve a reclamar hoxe, executar  todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas contaxiadas nas residencias de maiores ou susceptibles de contaxio co seu traslado ou separación si a situación así o require.

Por outra parte, Carme Aira demanda novamente “test masivos no concello do Incio e un plan exhaustivo de rastrexo para detectar posibles positivos co fin de  proceder ao seu illamento”.

A deputada do BNG cualifica de “inadmisible” a repetición dalgunhas situacións tras meses de pandemia o que na súa opinión evidencia a “insuficiencia de protocolos” por parte da Xunta e pregunta cantos rastreadores están destinados a detectar o virus, cantas PCRs está previsto realizar no entorno da residencia do Incio  e que medidas se destinarán  para protexer  ás persoas non contaxiadas e velar polas asintomáticas.

  “Temos que conter o gromo para  impedir que se expanda” aseverou a nacionalista que volveu a reclamarlle á Xunta  poñer en  marcha todos os recursos sanitarios e  medios humanos e materiais para frear o avance  da Covid-19.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG