Caldas de Reis acolle mañá o Foro da Auga, organizado pola eurodeputada Ana Miranda

Foro Auga
Foro Auga

Colectivos medioambientais, plataformas de defensa da mellora da calidade da auga e representantes locais analizarán os problemas de saneamento das rías e ríos galegos

A partir das 10 da mañá, o Auditorio Municipal de Caldas de Reis acollerá o Foro da Auga, organizado pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e no que participarán portavoces de diversas plataformas medioambientais galegas, así como representantes locais e comarcais de Cuntis, Moraña, Noira, Vilagarcía, Viveiro, co obxectivo de afondar nos problemas da calidade da auga e do saneamento en Galiza. 

“Para o Bloque é prioritario acadar o saneamento integral das nosas rías e ríos e así o avalan as nosas iniciativas”, subliña Miranda, quen insta ás administracións a cumprir a Directiva Marco da Auga. Esta xornada de traballo é a continuación da conferencia celebrada en Bruxelas sobre a auga como dereito o pasado 21 de marzo, na que tamén participaron colectivos medioambientais galegos.

Así, no Foro tomarán a palabra Portavoces da Plataforma da Ría de Vigo; da Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simón; da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa; da Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra; do colectivo de Mariscadoras de Cambados; Plataforma en Defensa do Río Verdugo, e Plataforma Antiencoro do Umia.

Repercusión económica

Sobre a participación destes colectivos, Ana Miranda salienta a importancia de escoitar ás plataformas preocupadas e afectadas pola calidade da auga en Galiza, no só desde o punto de vista medioambiental, senón tamén desde a perspectiva económica, en tanto que “a falta dun saneamento integral prexudica as actividades produtivas de pesca e marisqueo”, explica a eurodeputada galega, tanto no que se refire ás rías, os ríos e o saneamento no eido urbano e os problemas relacionados coa execución de fondos europeos. 

calrtel auga caldas_logos

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG