O BNG ve positivo o desarme de ETA para avanzar cara a unha solución de paz definitiva en Euskal Herria

int000025182

A dirección nacional do BNG fai unha valoración positiva do desarme confirmado por ETA ao entender que se trata dun paso que permite avanzar cara a unha solución de paz definitiva no País Vasco, un anhelo longamente desexado pola maioría da sociedade de Euskal Herria.

O Bloque Nacionalista Galego entende que a erradicación definitiva da violencia é hoxe unha realidade que xa non ten volta atrás, grazas ao traballo da cidadanía vasca e de múltiples axentes e organizacións políticas e cívicas que apostaron por emprender un camiño pacífico para acadar ás lexítimas reivindicacións do pobo vasco.

Neste sentido, o BNG apoia todas as persoas que, dun xeito individual ou colectivo, desde as institucións, desde as forzas políticas, desde as entidades sociais e sindicais, en definitiva, desde o conxunto da sociedade fixeron diferentes contribucións para que Euskal Herría non volva sufrir nunca máis a violencia. En calquera caso, cómpre continúar a traballar para que ninguén poña atrancos a unha paz estable, xusta e duradeira e a facer realidade o dereito á soberanía do pobo vasco.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG