O BNG só apoiará unha comisión de estudio da vaga de lumes se sirve para depurar responsabilidades

Incendio de Verín. Foto Twitter @BrifLaza
Incendio de Verín. Foto Twitter @BrifLaza

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón asegurou  que a creación da comisión de estudo sobre a vaga de lumes “non pechará o debate dos incendios” e  reclamou unha comisión parlamentaria  “con garantías, sen vetos e que depure responsabilidades” por que de non ser así, dixo,  a comisión  “será  inútil”.

Por outra parte, anunciou que na vindeira sesión plenaria, o BNG defenderá unha moción con 15 propostas para un novo modelo forestal e contra a “política pirómana” do Director xeral de Ordenación forestal da Xunta de Galiza,  Tomás Fernández Couto, na actualidade investigado por “prevaricación” na contratación de helicópteros contra incendios. Ademais, o BNG tamén proporá retirar a ENCE da Mesa forestal  e unha moratoria na plantación de eucaliptos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG