O BNG rexistra ante a UE unha denuncia contra o Estado español en relación ao accidente do Alvia

Ana Miranda
Ana Miranda

Argumenta que incumpriu a normativa de seguridade ferroviaria porque a liña 082 na que tivo lugar o sinistro carecía da avaliación de riscos

Miranda: “Seguiremos traballando ata que haxa unha reparación coas vítimas e coa sociedade e para evitar que volva repetirse esta traxedia”

O BNG rexistrou esta maña ante a Comisión Europea unha denuncia contra o Estado español, -en concreto contra o Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe Operadora-, por infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á avaliación do control de riscos da líña 082 do tren de alta velocidade Alvia, siniestrado en Santiago e no que perderon a vida 80 persoas.

A denuncia foi presentada pola portavoz parlamentaria do Bloque en Europa, Ana Miranda, na Secretaria xeral do Executivo comunitario, previo ao encontro que a nacionalista manterá o vindeiro luns cos responsables de Transporte da UE en mans da comisaria Violenta Bulc, coa que xa mantivo un encontro en abril para tratar a posible apertura dun procedimento de infracción contra o Estado español que agora se materializa.

A presentación da denuncia coincide coa data na que a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) entregara á Asociación de Víctimas do Alvia 04155 e ao BNG o informe que cuestiona a independencia da investigación realizada pola CIAF.  

A denuncia por procedimento de infracción é un exhaustivo documento no que se solicita á Comisión Europea que abra un expediente contra o Estado español por vulneración da normativa comunitaria aplicable no momento do accidente do tren Alvia sobre seguridade e interoperabilidade ferroviarias.

En concreto, en relación ao aspecto do control integral dos riscos e en relación cos cambios na seguridade ferroviaria que se fixeron no proxecto da Liña Ourense-Santiago, tren Alvia de Viaxeiros de Longa Distancia 150/151 de Renfe Operadora, composto de 13 vehiculos, así como nas condicións de seguridade do proxecto na Bifurcación A Grandeira onde tivo lugar o dramático accidente o 24 de xulio de 2013.  

O BNG argumenta na denuncia que, segundo a normativa comunitaria, o Estado español debía ter velado porque RENFE e ADIF aplicaran obligatoriamente as medidas necesarias de control de riscos  coa responsabilidade de que houbera unha explotación segura do sistema ferroviario e do seu control de riscos, tal como esixe a Directiva marco de Seguridade Ferroviaria de 2004 e o Regulamento do Método Común de Seguridade de 2012.

En concreto, esta normativa base esixe realizar unha avaliación de riscos integral nos sistemas estructurais. -infraestructura, enerxía, control de mando e sinalización, sistemas de xestión do tráfego ferroviario-. Tanto RENFE como ADIF eran responsables da súa parte do sistema e da explotación segura. Estas normativas foron vulneradas, porque o Ministerio de Fomento non realizou este control obligatorio.  

Igualmente, o Bloque entende que o Estado tamén vulnerou a Directiva de Interoperabilidade do sistema ferroviario de 2008, aplicable no momento do accidente, que no artigo 15 sinala que, en caso de autorizarse subsistemas, deben facerse de xeito seguro, sendo o Estado o que está obrigado a comprobar, antes da entrada de servizo dos mesmos, que cumplen a disposición sobre explotación e mantimento.

Incumprimento sistemático da normativa

Asimesmo, tampouco se cumpriu o regulamento relativo á adopción dun método común de seguridade para a avaliación e valoración do risco de 2008, que era obligatorio para todos os cambios significativos que afecten aos vehiculos que foron modificados no sistema híbrido, e tamén a todos os cambios significativos relativos aos sistemas estructurais. 

O BNG denuncia que Fomento non garantiu o control de riscos, a efectividade do sistema de xestión de seguridade (SGS), que debian ser feitas antes de que a liña entrara en servizo, sobre o deseño dos conductores do tren e do deseño do material rodante do tren Alvia e suas posteriores modificacións. 

"Existindo un risco de descarrilamento evidente a nivel técnico por non existir sistemas de seguridad complementarios, deixando o tren só nas mans do maquinista, non se aplicou nengunha medida de seguridade complementaria para xestionar este risco" afirma Miranda.

Nunca máis outro Angrois

O BNG auspiciou o encontro da asociación de vítimas cos reponsables europeos da seguridade ferroviaria, facilitou a presentación das denuncias ante a Comisión Europea e solicitou os encontros bilaterais coa ERA.

Miranda reiterou que o Bloque seguirá traballando "ata que se dé unha resposta ás víctimas e á sociedade en xeral para que no futuro se eviten accidentes tan graves”, e confía en que prospere a denuncia contra o Estado español “porque de ter feita unha avaliación dos riscos posibles, existirian medidas de seguridade que podían ter evitado o accidente e a morte de 81 persoas, así como todas as vidas truncadas na traxedia de Angrois”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG