Imprimir

O BNG quere poñer a producir 200 mil hectáreas abandonadas para favorecer a base territorial das explotacións agrogandeiras

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 27 de xuño de 2020

Gandeiría Raposo, Mesía
Gandeiría Raposo, Mesía
Xosé Luís Rivas compromete políticas para facer un “rural vivo e dinámico” recuperado as “terras roubadas polo eucalipto”, fixar poboación, crear emprego  e facilitar a conciliación familiar

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas (Mini) afirmou que “un goberno do BNG na Xunta” porá a producir 200 mil  hectáreas abandonadas para favorecer a base territorial das explotacións agro-gandeiras.

O nacionalista, acompañado de membros da candidatura da comarca de Ordes visitou unha explotación gandeira na localidade de Mesía onde comprometeu “políticas para recuperar as terras roubadas polo eucalipto”, fixar poboación e crear emprego, máis alá das propias explotacións así como facilitar a conciliación familiar co fin de revitalizar o medio rural.

Rivas explicou que na actualidade as explotación non contan con “suficiente base territorial” e as marxes de ingresos “son baixos” a tenor dos custes de produción o que coloca o futuro do sector ante certas incógnitas que deberán resolver o mercado, a PAC e os gobernos. Neste sentido, afirmou que un “goberno do BNG apostará por un modelo e políticas con alternativas aos problemas agrícolas e gandeiros”.

O candidato reiterou que a base territorial é fundamental para que as explotacións agro-gandeiras teñan futuro acompañado dun  novo deseño do medio rural “activo e sostible” no que os traballadores e traballadoras, ademais das explotacións poidan diversificar a súa actividade laboral. E necesario, dixo, “transformar os produtos do rural” como elemento dinamizador económico pero tamén social xa que é garantir postos de traballo para  fixar poboación.

Rivas lembrou que a crise da COVID-19 constatou o importante papel do rural co subministro de produtos e debemos tirar esa lección á hora de aplicar novos modelos. Sobre as consecuencias da PAC, o candidato destacou que vai na dirección de “liberalizar os prezos agrarios en sete anos” e en Galiza temos que estar  “preparados” con “políticas de fortalecemento e con explotacións dimensionadas para resistir ese reto. “Non podemos continuar cun modelo compartimentado en zonas cun intensivo brutal e sin  aproveitamento” e asegurou  que “as políticas do PP fracasaron,  agora necesitamos un modelo  para revitalizar  o medio rural”.

Por outra parte, o candidato do BNG sinalou que o sector “non ten relevo xeracional” porque as marxes de ingresos son escasos e conleva 365 días de traballo polo que reclamou a subida do leite “entre dous e tres céntimos”, e presentar alternativas ás dificultades do sector agro-gandeiro. O nacionalista tamén fixo fincapé na necesidade dun  modelo forestal que non obedeza “só aos intereses de ENCE” e poida desenvolver toda a súa capacidade económica con outro tipo de cultivos e atendendo á biodiversidade.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-quere-poner-producir-200-mil-hectareas-abandonadas-favorecer-base-territorial-das-explotacions-agrogandeiras/20200627163142027498.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr