Imprimir

O BNG propón un novo marco normativo para protexer a lingua galega

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 17 de maio de 2020

Manifestación Queremos Galego
Manifestación Queremos Galego
Pontón alerta da situación de “emerxencia” do galego e apela a abrir unha nova etapa para a súa normalización en todos os ámbitos 

No día das Letras Galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  alerta da situación de “emerxencia” da lingua galega polas  “políticas regresivas e deliberadas” dos gobernos de Feixóo e o Partido popular. Neste sentido, lembra que tanto as institucións galegas como internacionais  alertaron da “regresión” producida na década de gobernos de Feixóo e esta situación crítica, afirma a nacionalista, require unha nova resposta.

Un novo marco normativo contra o  confinamento da lingua galega

O BNG comprométese a poñer “fin ao confinamento” e as políticas que pretenden reducir e  marxinar a lingua galega. Nesta liña,   Pontón defende   “abrir unha nova etapa para o noso idioma é facelo co orgullo de pobo”.

A portavoz nacional do BNG recalcou que detrás da nosa lingua está o progreso e a cohesión social e con ese espírito traballará o BNG para que no futuro contemos “cun novo marco normativo” que desconfine a lingua galega, impide a  súa  transmisión xeracional e sexa normalización en todos os ámbitos.

Pontón anima  a todos os galegos e galegas a participar das iniciativas  anunciadas pola plataforma  “Queremos galego”, a través das redes sociais  e co desexo de  “Mil primaveras máis para a nosa lingua”.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-propon-novo-marco-normativo-protexer-lingua-galega/20200517134630027040.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr