Imprimir

O BNG propón un modelo de financiamento que acabe coa discriminación dos concellos galegos

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 12 de abril de 2017

Luís Bará en comisión parlamentaria
Luís Bará en comisión parlamentaria
  • Ademais dos criterios de poboación, o novo modelo de financiamento local debe atender á dispersión, número de entidades de poboación, extensión territorial e envellecemento da poboación

O deputado do BNG, Luís Bará,  reclama demandar do Estado un novo modelo de financiamento local baseado, ademais do criterio poboacional, en factores como: a dispersión, número de entidades de poboación, a xestión territorial e o envellecemento da poboación. Ademais o BNG contempla na proposición non de lei, modificar a lexislación en materia de estabilidade orzamentaria eliminando os ríxidos límites de gasto público, endebedamento e contratando máis persoal.

O parlamentario do BNG explica na iniciativa que o modelo de financiamento local baséase no criterio de poboación, “primando os concellos de máis de 500.000 habitantes e provocando unha “discriminación inadmisible” dos concellos galegos. Este criterio poboacional, explica Luís Bará,  provoca que Zaragoza reciba 12,6 M€ máis que os sete concellos de Galiza máis poboados, situación semellante ao que acontece con Sevilla con 296.058 habitantes menos e recibindo  53,1 ou Valencia con 203.747 habitantes menos e 87,3 millóns de euros máis.

Asemade, Luís Bará tamén reclama “desenvolver o pacto local” para establecer as competencias de cada administración, o financiamento dos servizos e un reparto de fondos autonómicos aos concellos baixo criterios obxectivos e transparentes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-propon-modelo-financiamento-acabe-coa-discriminacion-concellos-galegos/20170412165025019889.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr