Congreso

O BNG presentará no Congreso unha iniciativa para exixir un convenio de transición xusta para As Pontes

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego critica que o Goberno español non teña previsto ningún plan alternativo de reactivación da actividade económica na comarca das Pontes.

O BNG partilla que é necesario o proceso de transición enerxética mais defende que este ten que ser socialmente xusto e garantir alternativas económicas e de emprego.

A decisión de Endesa non está motivada por criterios ambientais, se non estritamente económicos, de cálculo de lucro

O BNG vai a presentar nos próximos días unha Proposión non de lei para exixir ao Goberno español que a Galiza sexa incluída na estratexia de transición xusta nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos que Aragón, Asturias e Castela e León.

Exixirá tamén que sexa convocada a mesa de traballo sobre actuacións e convenios de transición xusta para As Pontes no mes de xaneiro de 2020 para iniciar actuacións que se definan e con compromisos orzamentarios correspondentes. Tamén pedirá que se convoque o órgano de xestión do convenio de transición xusta para As Pontes coa participación do Ministerio de Transición Ecolóxica, a Xunta de Galiza, o concello das Pontes, os sindicatos (CIG, CCOO e UXT) e a empresa Endesa.

O Bloque Nacionalista Galego rexeita que unha empresa como Endesa que explotou os nosos recursos naturais até esgotalos e que obtivo beneficios multimillonarios, pretenda cesar a actividade sen que haxa ningunha alternativa que garanta a continuidade do emprego nas Pontes e na comarca. O deputado do BNG, Néstor Rego, criticou que o Goberno español non teña previsto ningún plan alternativo de reactivación da actividade económica na comarca das Pontes a pesar de impulsar unha transición enerxética que en todo caso debe ser xusta socialmente. E iso implica a dotación dos recursos económicos necesarios para garantir novas actividades económicas.

O anuncio de Endesa de solicitar o cese da actividade vén de demostrar que esta empresa é a que marca a axenda e non as administracións públicas. Nin a Xunta de Galiza que actúa como mera espectadora, nin tampouco o Goberno español, que demostrou unha faltan absoluta de previsión e un desinterese lamentábel polo futuro dos máis de 800 traballadores e traballadoras directamente afectadas e de toda unha comarca que se verá gravemente perxudica polo peche da planta sen que existan alternativas, afirmou Néstor Rego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG