O BNG pide á Xunta unha mesa de diálogo co sector teatral para reactivar o Centro Dramático Galego

Olalla Rodil en comisión parlamentaria
Olalla Rodil en comisión parlamentaria

Olalla Rodil advirte que os recortes orzamentarios e a falta de autonomía teñen ao CDG afogado cando debería ser motor e vangarda do teatro en Galiza

A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, reclamou na Cámara que a Xunta abra un “espazo de diálogo” co sector teatral para recuperar o vigor do Centro Dramático Galego, “e que volva ser vangarda e motor do teatro deste país, pois estamos falando do que debería ser o teatro nacional de Galiza”.

Sen embargo, unha institución cultural con trinta anos de vida, desde 2009 esmorece afogado polos recortes orzamentarios e por fórmulas de contratación onde non se priman os criterios artísticos.

Rodil, que falou da necesidade de “refundar” o CDG, puxo como exemplo deses recortes que non fose posible completar a representación das tres obras previstas de Vallén Inclán que, por primeira vez, podían ser exhibidas en galego tras décadas de espera.

A viceportavoz insistiu na urxencia de crear unha mesa de diálogo, como reclama o sector, “para escoitar as súa propostas” e establecer cuestións tan relevantes como os criterios de contratación dos elencos artísticos, garantir unha dotación orzamentaria suficiente, dotar ao CDG de autonomía mesmo con personalidade xurídica propia e volver dar a este centro un papel referencial que lle permita servir de vangarda e reconectar co público, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG