Imprimir

O BNG pide refundar o Centro Dramático Galego e abrir un concurso público para elixir nova dirección

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 07 de xuño de 2019

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil chama a repensar o CDG mantendo un permanente diálogo co sector para reformar e adaptar a entidade ao século XXI

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria, “refundar o Centro Dramático Galego”, abrir un concurso público para nomear a nova dirección e dotalo de autonomía e estrutura xurídica propia.

A nacionalista aludiu á recente  renuncia de Fefa Noia a continuar á fronte do Centro Dramático Galego a partir do vindeiro mes de outubro. Non  é a primeira ocasión, explicou a nacionalista,  que desde o BNG traemos a debate no  Parlamento a situación na que se atopa o Centro Dramático Galego pero non podemos esquecer que dende hai anos téñense reducido drasticamente os espectáculos até un ano cando se chegaron a producir cinco. As xiras de distribución son máis pequenas que nunca e producíronse procesos de selección en elencos dende o  2016 que  parecen “ un un recrutamento de funcionarios”.

Para o BNG, recalcou, deberan “saltar todas as alarmas na Consellaría de Cultura cando un sector non sente como propio o que é o seu buque insignia, a institución que representa ou debera representar o Teatro Nacional de Galiza”.

Rodil manifestou que neste contexto hai dúas cuestións que deben ser abordadas sen dilacións: “Repensar o CDG colectivamente e en permanente diálogo co sector”, reformalo, adaptalo ao século XXI e ás necesidades actuais,  con autonomía e estrutura xurídica propia e iniciar, canto antes “o proceso de selección, a través de concurso público da nova dirección para non caer no baleiro absoluto durante máis dun ano como aconteceu en 2016.

O que preguntamos hoxe señor Sutil é cal é o plan do Goberno?. Que valoración fai da situación do CDG a Xunta no inmediato e nun futuro próximo.? Que pensa facer?, e que pensan facer , co sector das artes escénicas no marco desa tan anunciada e prometida, como nunca cumprida, Estratexia da Cultura Galega 2021?.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-refundar-centro-dramatico-galego-abrir-concurso-publico-elixir-nova-direccion/20190607175953024992.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr