O BNG pide unha política forestal baseada na xestión e na ordenación do monte para combater os incendios

Luís Bará
Luís Bará

O deputado no Parlamento galego, Luís Bará, acusa á Xunta de traballar para “os intereses particulares dunha gran empresa” promovendo o monocultivo de eucalipto.

Bará asegurou que o BNG seguirá presentando iniciativas parlamentarias para frear o abandono do monte e que se unifique todo o operativo de prevención de incendios 

“O que ocorreu en Portugal a fin de semana pasada tennos que dar unha lección e debe facer saltar todas as alarmas, porque a situación do seu monte é moi similar á nosa” asegurou o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, nunha comparecencia na que solicitou que a Xunta mude por completo a súa política forestal. Bará centrou en dúas as premisas básicas dunha política forestal efectiva para loitar contra os incendios forestais: a ordenación e xestión do monte e a unificación das oito entidades que loitan contra o lume nun único operativo profesionalizado e que invista máis esforzos na prevención que na extinción.

Recén iniciado o verán e coa catástrofe vivida en Portugal, o deputado nacionalista mencionou tres factores fundamentais nos incendios. O clima e o cambio climático, a falta de investimento en recursos de prevención, e a situación do monte, que aúna abandono e monocultivo altamente combustible. Sobre o monocultivo, Luís Bará afirmou que “é un deseño que obedece aos intereses do monopolio pasteiro, e entendemos que o monte do noso territorio nacional non pode estar ao servizo dunha gran empresa”. Neste sentido, lembrou que “o BNG xa levou ao Parlamento numerosas iniciativas para que se tomen as medidas para mudar a situaciónseguirémolas presentando”.

Ordenación e xestión do monte Para unha ordenación e xestión efectiva do monte, Luís Bará mencionou tres piares encamiñados, fundamentalmente, a frear o abandono e o mencionado monocultivo.

En primeiro lugar, instou á Xunta a mudar “unha política que só favorece intereses privados dunha empresa ”. Asegurou que se trata da medida máis inmediata posto que se superaron xa as 400.000 hectáreas plantadas de eucalipto. Demandou conxelación da plantación de eucalipto globulus o que se destina a pasta de papel e a prohibición de eucalipto nitens, máis resistente ao frío e con madeira de moi baixa calidade, e cuxo destino comercial son as plantas de biomasa. En segundo lugar, mencionou a necesidade de combater a fragmentación da propiedade eminifundio forestal e lembrou que iso é posible se se deseñan as medidas oportunas para promover a ordenación e a xestión colectiva. Neste sentido, lembrou as UXFOR “que eran Unidades de Xestión Forestal, que contemplaban unha forma de xestión conxunta e que debían de agrupar un mínimo de 15 hectáreas de superficie forestal, e que foron eliminadas polo PP”. E en terceiro lugar, sinalou a necesidadehabilitar medidas encamiñadas a “traballar cos latifundios forestais”, referíndosemonte comunal. Explicou que as Comunidades de Montes en Man Común xestionan unha media de 200 hectáreas forestais e que se deben promover e as especies emadeira de calidade, así como unha certificación adecuada para esta madeiras.

Prevención de incendios
“Solicitamos que se unifique todo o operativo de defensa contra os incendios, nun ente único e que poida traballar todo o ano” explicou Luís Bará. Mencionou que neste momento hai 8 entidades traballando contra a extinción de incendios, na súa maior parte, caracterizados pola precariedade e pola estacionalidade: os efectivos de Medio Rural, SEAGA, os concellos, as brigadas helitransportadas, os grupos de emerxencia supramunicipal, Tragsa, o exército e a policía.

Desde o BNG o que se demanda é que, ademais da unificación, se profesionalice edote de recursos para traballar todo o ano, investindo máis en prevención queextinción, ao contrario do que ocorre na situación actual. “Hai unha desproporción absoluta na política de prevención se a comparamos coa de extinción, cando todos sabemos que os incendios non se apagan no verán, nin se apagan con auga, como vimos de ver en Portugal”.

Elnosa
O deputado nacionalista tamén se referiu á solicitude de Elnosa perante a Xunta para a tramitación do proxecto sectorial supramunicial, e anunciou que o posicionamento do BNG será contrario tanto desde o Parlamento galego como desde o Concello de Pontevedra. Bará afirmou que esta solicitude “se trata dun plan preconcibido entre a Xunta e a empresa para que manteña a súa ubicación actual”. Manifestou que tras a sinatura do acordo de 2013 polo que se definía o traslado e o prazo para facelo efectivo, este trasacordo revela que “a Xunta traballa para favorecer intereses privados, como xa fixera con Ence regalándolle 600.000 metros cadrados”. “Todo alimenta o mesmo circuíto de favorecer empresas privadas desde a Xunta” e mencionou como exemplos deste circuíto tanto a Ence e Elnosa, como a política forestal baseada unicamente no monocultivo de eucalipto.
 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG