Imprimir

O BNG pide máis medios para a universidade pública e critica o apoio do PP á universidade privada de Abanca

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 11 de febreiro de 2020

Mobilización contra a universidade privada
Mobilización contra a universidade privada
Xosé Luís Rivas apela a unha universidade pública ao servizo da sociedade  como  elemento dinamizador e  cambio social

Na mobilización celebrada hoxe na Praza do Obradoiro convocada pola Plataforma en defensa da Universidade pública, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas afirmou que a universidade debe estar “ao servizo da sociedade como elemento dinamizador e de cambio social”. Para o nacionalista, o apoio de Feixóo e o Partido popular á universidade privada de Abanca representa “un duro ataque ao sistema universitario galego” e hai que parar un proxecto, dixo que pon en grave risco a nosa universidade pública.

Rivas lembrou  que o goberno galego agasallou  á banca cunha venda “a prezo de saldo” das caixas de aforro con  grandes beneficios fiscais aos que agora sumou o agasallo  dunha universidade privada ao tempo que  a universidade pública galega “carece de financiamento suficiente” e precisa de maneira urxente máis medios.  A universidade, dixo, necesita  30M€ tras asumir os continuos  recortes do goberno de Feixóo.

O deputado do BNG destacou  o apoio “unánime” dos tres reitores das universidades públicas galegas e reiterou que Galiza “non precisa dunha universidade privada”. O proxecto de Abanca non conta cos requisitos necesarios e preceptivos como a  investigación ou a dobre titulación, explicou. En Galiza  necesitamos  reafirmar a nosa universidade con máis recursos e non unha universidade privada e clasista, concluíu.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-mais-medios-universidade-publica-critica-apoio-do-pp-universidade-privada-abanca/20200211142030026530.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr