O BNG pide que se investiguen os posíbeis erros de atención e vulneracións da Lei de Violencia Machista en Xinzo

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas “son feitos gravísimos, temos unha responsabilidade coas vítimas e temos que investigar se a atención non foi a correcta e tomar medidas, envía unha mensaxe ás mulleres de que non teñen garantías para ser atendidas e que hai vítimas de primeira e de segunda, non se pode consentir”

A deputada do BNG por Ourense e Responsábel de Acción feminista da formación informou de que vén de rexistrar no Parlamento Galego unha batería de iniciativas para interesarse polas actuacións que ten levado ou vai levar a cabo a Xunta diante dos feitos coñecidos hoxe a través dos medios de comunicación onde se recolle que foi negada á vítima atención gratuíta no SERGAS e deficiencias noutros tramos da atención.

Presas recordou que “Galiza ten unha das lei de violencia machista máis completas e debemos velar polo seu cumprimento, desde o BNG estamos estupefactos polas novas que vimos hoxe e demandamos que a Xunta abra unha investigación para avaliar a actuación de todos os operadores, corrixir os protocolos e se é preciso tomar medidas sancionadoras para que non volte acontecer algo tan grave, temos unha responsabilidade coas vítimas e temos que investigar se a atención non foi a correcta e tomar medidas, envía unha mensaxe ás mulleres de que non teñen garantías para ser atendidas e que hai vítimas de primeira e de segunda, non se pode consentir”.

Presas recordou que “no relativo ao eido sanitario hai tanto un protocolo común a nivel de Estado como tamén no ámbito do SERGAS polo que hai que investigar que aconteceu. Desde o Bloque Nacionalista Galego consideramos os feitos relatados polas fontes xornalísticas de máxima gravidade. Cómpre, polo tanto, unha implicación e actuación por parte da Xunta de Galiza para investigar o acontecido, facer unha avaliación dos erros e interpoñer medidas de corrección, compensación e, se é pertinente, sanción.”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG