O BNG Pide a intervención pública de Barreras para garantir os postos de traballo e actividade do estaleiro

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará culpa á Xunta da crise do estaleiro que afecta a máis de trinta empresas auxiliares de Vigo e a súa comarca
O parlamentario do BNG, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno que medidas vai desenvolver ante a crise de Barreras para garantir a actividade do estaleiro e o futuro de mil postos de traballo .

Tras a resposta do conselleiro de Industria, Francisco Conde, o parlamentario do BNG responsabilizou á Xunta das dificultades da empresa e de non ter actuado a tempo polo que pediu “a intervención pública” de Barreras sobre a que pesa a ameza da perda de mil postos de traballo e que afecta a máis de 30 empresas auxiliares.

Bará explicou que os traballadores do naval de Vigo e comarca viven unha “grande incerteza” ante a situación económica en dous grandes estaleiros de Vigo, Barreras e Vulcano.

Por outra parte, o deputado criticou a falta de respecto do conselleiro cos traballadores de Vucano que mesmo percorreron camiñando o traxecto dende Vigo a Santiago para manter unha xuntanza co titular de industria e ao que non ofreceu ningunha alternativa, sen embargo, dixo o nacionalista, non tivo reparos en fotografarse cos socios que están sendo “buscados pola xustiza mexicana”. Vostedes, manifestou o nacionalista, son “cómplices de actuar como testaferros de Pemex” e de embarcar a Barreras nunha operación ruinosa. Están vendendo o país a cachos e a fondos voitres. O goberno prometeu a construción de 24 barcos dos que só foron construídos dous. O deputado recalcou que “os fondos voitres” están entrando “a saco” na industria de Vigo e comarca e reclamou que a Xunta actúe e presente alternativas a actual situación do estaleiro Barreras en preconcurso de acredores polo que volveu a reclamar a intervención pública da empresa.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG