Imprimir

O BNG pide á dirección do PSOE que interveña para frear a moción de censura en Catoira pactada co PP

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 20 de maio de 2020

A moción de censura será debatida mañá ás 12hs no concello de Catoira contra o goberno municipal dirixido pola formación nacionalista   

A dirección nacional do BNG considera de enorme gravidade o pacto PP-PSOE para impulsar unha moción de censura contra o goberno municipal do Concello de Catoira, cuxa Alcaldía está agora baixo a responsabilidade da formación nacionalista.

O BNG  manifesta a súa sorpresa polo feito de que, a menos dun mes da cita coas urnas, o PSOE pacte co PP en contra do Bloque para repartirse a permanencia na Alcaldía, nunha especie de turnismo no cargo a tempos iguais. E pregunta á formación de Gonzalo Caballero se esa é a maneira que ten o Partido Socialista de  entender o cambio en vésperas de celebrarse as eleccións galegas.

O BNG pide á dirección do PSOE que tome cartas inmediatas no asunto para poñer freo a esa moción de censura man a man co PP,  ao tempo que reafirma o compromiso do Bloque para conseguir un cambio real en Galiza que pasa porque o Partido Popular perda a maioría absoluta nas eleccións do vindeiro 12 de xullo para abrir  un tempo novo que a formación nacionalista aspira a liderar como única garantía dun cambio real.

O BNG rexeita a moción de censura  e afirma que o transfuguismo non para nin sequera en estado de alarma. Cualifica de “lamentable” e “grave erro” a mensaxe que está a enviar o PSOE ás portas dunha eleccións galegas  e pregunta si esta é a mensaxe que  quere trasladar á sociedade e ao electorado progresista.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-direccion-do-psoe-intervena-frear-mocion-censura-catoira-pactada-co-pp/20200520192730027053.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr