Parlamento Galego

O BNG pide diálogo á Xunta co profesorado galego para recuperar os dereitos perdidos

Olalla Rodil
Olalla Rodil

A portavoz  de Educación do BNG, Olalla Rodil defendeu unha iniciativa que pide diálogo á Xunta de Galiza e, concretamente, á Consellaría de Educación co fin de acadar un acordo co    profesorado galego para  recuperar o horario lectivo de 18 e 21 horas. O obxectivo da proposta é que as persoas docentes conten  con  “tempo abondo para facer ben o seu traballo”.

A nacionalista tamén reclamou recuperar dereitos “despois dunha década de recortes”. Dez anos no que o Partido Popular en Galiza destacou como  “alumno avantaxado”.

A Xunta de Galiza, explicou Rodil,  incrementou en 2011 o tempo que o profesorado debe estar na aula. Oito anos nos que o Partido Popular incumpriu e deixou en papel mollado o acordo asinado polas organizacións sindicais en 2007 provocando  a  perda de dereitos para o profesorado,  empeoramento das súas condicións de traballo e a merma da calidade do ensino.

Deficiencias no ensino

Ademais de menos profesorado, engadiu, contamos con  aulas saturadas nas áreas urbanas e periurbanas, nun país cunha enorme dispersión poboacional e profundos desequilibrios entre o interior e o eixo atlántico. Comparar a realidade de Vigo,  Coruña,  Navia de Suarna ou Meira é igual  que  tapar  o sol cun dedo.

O alumnado cada vez  é máis heteroxénero e diverso e dende o BNG damos a  E benvida a esa  diversidade pero é preciso cubrir as necesidades de apoio e os recursos para o profesorado. Isto, dixo Rodil, non é unha opinión do BNG, está recollido no Informe de Atención á diversidade no ensino básico elaboradro polo Instituto de Ciencias da Educación da USC. Informe encargado polo Consello Escolar de Galiza e publicado, hai apenas uns días.

O devandito informe conclúe que o 60% das persoas entrevistadas consideran escasos e insuficientes os recursos destinados para atención á diversidade pero tamén destaca  a  sobrecarga horaria do profesorado e  falta de tempo para a coordinación. Neste sentido, cita como principais obstáculos para desenvolver en mellores condicións as tarefas de apoio educativo.

Dende hai anos,as s organizacións sindicais  reclaman un novo reparto horario que devolva ao profesorado as 18 horas lectivas en Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial, e as 21 horas en Infantil, Primaria e Educación especial precisamente para “atender mellor e de maneira máis personalizada ao estudantado”.

O profesorado non quere traballar menos, quere ter o tempo para o  alumnado

Explicábao perfectamente o día  da folga do 12 de decembro un docente: “Non quero traballar menos, quero  máis tempo para guiar e revisar o traballo do alumnado como necesita e merece”. Máis tempo para poder atender a nais e pais da titoría e para  a coordinación co resto do departamento. “Necesito poder traballar máis co alumnado con dislexia, con TDAH, con adaptación curricular ou que non naceu en Galiza e que necesita adaptación ao seu ritmo e nivel na aprendizaxe da lingua.

Para atender 161 estudantes, coas súas realidades, necesidades, especificidades, motivacións, niveis e intereses, “necesítase tempo” e ratios máis baixas.

O que reclama o profesorado, reiterou a portavoz de educación do BNG, é que lle devolvan os dereitos e mellorar a calidade do sistema educativo. “Unha decisión que é competencia exclusiva do Goberno galego”.

BNG demandou do Parlamento instar á Xunta a exercer o autogoberno e abrir “de maneira urxente” unha mesa de diálogo coas organizacións sindicais para reparar o horario lectivo de 18 e 21 horas.

O grupo maioritario do Partido popular impediu que a proposta do BNG prospera.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG