Parlamento Galego

O BNG pide ao goberno que impida a apertura da casa de apostas de Redondela próxima a unha zona escolar

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará lembra que o retraso da modificación da lei do xogo en Galiza é o caldo de cultivo para a proliferación das casas de apostas , salas de xogos e máquinas comecartos e criticou que o goberno galego reaccionara “tarde e mal” coa moratoria na apertura de novas salas

O deputado do BNG, Luís Bará formulou hoxe unha pregunta parlamentaria ao goberno sobre a apertura dunha casa de apostas no concello de Redondela nas proximidades dunha zona escolar, amplamente rexeitada polos veciños e veciñas.

Tras saudar aos membros da plataforma en contra da instalación da casa de apostas presentes no debate da pregunta do BNG, o deputado Luís Bará Bará preguntou ao conselleiro da Presidencia e Administracións públicas, Alfonso Rueda si o goberno está a favor da apertura da casa de apostas. Pola súa parte, o conselleiro respondeu que a Xunta permanece pendente da licencia do concello e afirmou que  Xunta cumprirá o que marca a lei.

O  nacionalista replicou que a culpa de que  proliferen “como fungos” nos últimos cinco anos  as casas de apostas en Galiza, é produto  dunha lei de 35 anos que o PP  cambiou  para beneficiar ás grandes empresas co fin de   aumentar o número de máquinas comecartos e permitir o casino de Vigo.

O deputado asegurou que existe en Redondela unha grande preocupación pola apertura desta casa de apostas e que moitas persoas responderon con mobilizacións en contra, mesmo recollendo sinaturas, alegacións e denunciando “a falta de transparencia da tramitación da autorización”. Bará afirmou  que o  local “incumpre a normativa de distancia con respecto aos centros escolares” xa que a normativa obriga a non instalar salóns a menos de  cento cincuenta metros dos accesos de entrada ou saída de centros oficiais que imparten ensino regrado a menores de idade polo que  preguntou ao vicepresidente se consideraba que a escola de música e o conservatorio de Redondela  é un centro escolar, educativo ao que asisten menores de idade. Ese centro, recalcou Bará, está a menos de cento cincuenta metros da futura casa de apostas, recalcou.

O parlamentario do BNG exixiu ao titular de Vicepresidencia unha revisión da autorización para impedir que se instale esa casa de apostas en Redondela, petición sobre a que Alfonso Rueda non se pronunciou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG