O BNG pide abrir o caladoiro de cigala entre Fisterra e Golfo de Biscaia e o PP vota en contra

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado afirma que o estudo do Instituto Español de Oceanografía deu resultados moi satisfactorios que avalan a petición do sector do arrastre

A deputada do BNG, Montse Prado reclamou hoxe na comisión de Pesca “a apertura da pesquería da cigala” na zona VIIIc (entre Fisterra e Golfo de Biscaia) e de maneira  subsidiaria a  unidade funcional 25 ante a imposibilidade da nova avaliación no ano 2019 do ICES sobre a situación da cigala. O Partido popular votou en contra da proposta nacionalista.

Na defensa da iniciativa, a parlamentaria asegurou que o estudo do Instituto Español de Oceanografía deu resultados “moi satisfactorios” que avalan a reclamación do sector do arrastre polo que solicitou  do goberno galego  dirixise ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente co fin de iniciar accións encamiñadas  ao acceso á esta pesquería que afecta a  60 buques galegos de arrastre.

Neste sentido, lembrou que o sector do arrastre é un dos que leva realizado diversos estudos que avalan a recuperación da cigala. Prado solicitou reavaliar o stock da cigala tanto na zona VIIIc e na zona IXa, esta última en augas de Galicia e  solicitar un estudio específico por parte do IEO tal e como se está levando a cabo en augas do Golfo de Cádiz.

A deputada explicou que o propio sector destacou a importancia do   estudo realizado polo IEO que reflicte  resultados moi satisfactorios, determinando que o “recurso está en boas condicións polo que é factíbel a apertura da pesquería no ano 2018 e non só unha cota científica como parece ser a intención por parte da Unión Europea”.

Montse Prado  reprochou a inconcreción na intervención da portavoz popular polo que preguntou que pode  argumentar realmente o Partido popular  contra a iniciativa nacionalista  cando se está a reclamar a apertura da pesquería da cigala porque hai recurso, os estudo “Caracas” realizado polo sector de arrastre  confirma as boas condicións da especie, e está enriba da mesa a  recomendación da  consellería de Pesca e o ministerio para que a Comisión europea  reconsidere o peche de tres anos. Creo dixo, que o PP ten “un problema de interpretación” que debe resolver.

Finalmente, o PP impediu  que a  iniciativa do BNG prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG