Imprimir

O BNG participa na Diada e traslada o seu total apoio ao proceso soberanista do pobo catalán

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 11 de Septembro de 2018

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Rubén Cela. Diada 2018
Bieito Lobeira, Ana Miranda e Rubén Cela. Diada 2018

O BNG participou un ano máis nos actos de celebración da Diada convocada baixo o lema "Fem la República catalana", cunha delegación integrada polo responsable de Organización, Bieito Lobeira, e polos cargos políticos responsables da coordinación da Área de Internacional, Ana Miranda e Rubén Cela.

Con esta participación, xunto con militantes da formación nacionalista na emigración, o Bloque volve evidenciar o seu total apoio ao dereito do pobo catalán para decidir libremente e con todas as garantías a súa relación co Estado español, a través dun referendo de autodeterminación.

Igualmente, con esta ampla representación, o BNG segue a reforzar os lazos de unión co movemento soberanista en Catalunya e traslada, unha vez máis, a súa solidariedade cos presos e presas políticas na súa loita por acadar a república catalá independente, no exercicio do dereito de autodeterminación dos pobos.

Como é habitual, a delegación do Bloque depositou unha ofrenda floral diante do monumento a Rafael Casanova e reclama unha solución política que respecte a liberdade e a democracia.

 
 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-participa-diada-traslada-seu-total-apoio-ao-proceso-soberanista-do-pobo-catalan/20180911163433022770.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr