O BNG leva ao Parlamento a discriminación da Xunta con Allariz ao negar a terceira aula de infantil

Escola infantil de Allariz
Escola infantil de Allariz

Noa Presas: “O Partido Popular terá que decidir se vota no Parlamento o mesmo que as súas concelleiras ou votar en contra das familias de Allariz e explicar por que castiga un concello exemplo de fixación no rural”

A deputada do BNG por Ourense confirma que “diante da falta de diálogo da Xunta de Galiza o BNG levara este tema ao Parlamento demandando que se escoiten as demandas e se abra unha aula máis de infantil e o Partido Popular terá que explicar se vota o mesmo que todos os grupos do concello ou se vota en contra das familias de Allariz.”

Para a nacionalista “a actitude da Xunta de Galiza é impresentable, non está a atender as demadas de pais e nais nin á comunidade educativa, que se basean en criterios pedagóxicos, e prima os seus criterios económicos de recorte permanente de profesorado e aulas no rural”. Para deputada ·é impresentable que se queira castigar así un concello pioneiro en fixación de poboación no rural”

A deputada expresou “os nosos parabéns á sociedade alaricana xa que nos últimos meses nais, pais, representantes institucionais e veciñanza en xeral do Concello de Allariz veñen denuniando a masificación das súas aulas e desenvolveron nos meses de verán diferentes accións reivindicativas loitando polos seus dereitos dunha forma exemplar”

Ademais “Este desatendemento por parte da Xunta de Galiza contrasta con que neste mesmo verán o goberno galego decretara unha orde creando 31 unidades máis na escola privado-concertada para o curso 2018/2019, 16 máis que as creadas o pasado ano, ao que hai que sumar que os concertos estarán blindados até 2022/2023 nunha clara aposta por privatizar o ensino público galego. Para iso a consellería de ensino si ten diñeiro”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG