Imprimir

O BNG lamenta o pasamento do loitador antifranquista Chato Galante, vítima do coronavirus

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 29 de marzo de 2020

Chato Galante
Chato Galante
Ana Miranda e Luís Bará trasladan a familiares e amigos, así como á Comuna de Presxs do franquismo, a súa aperta máis afectuosa e solidaria

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, expresan a súa fonda tristeza polo pasamento do loitador antifranquista, Chato Galante, quen faleceu esta noite en Madrid vítima do coronavirus. “Desde o confinamento choramos tan grande perda dun home bo e xeneroso, expreso político e exemplo de loita pola xustiza e os dereitos democráticos”, salientan.

“En memoria de Chato seguiremos denunciando os crimes do franquismo e as brutais torturas que el mesmo sufriu a mans de Billy el Niño”, sinalan en referencia aos anos que pasou o expreso político na DGS e nos cárceres franquistas. Segundo subliñan Miranda e Bará, seguir o seu traballo e a súa loita, é “a mellor homenaxe que lle podemos facer, hoxe e sempre”.

Entre outros aspectos salientan o impulso da querela arxentina contra o franquismo en Galiza a través da Iniciativa Galega pola Memoria, coas que colaborou Chato Galante nos últimos meses incorporando denuncias galegas á Querela Arxentina contra o franquismo, así como as distintas iniciativas desenvolvidas desde o Grupo de Memoria Histórica da Eurocámara.

O Bloque quere trasladar a súa familia e amigos a aperta máis solidaria e afectuosa nestes momentos, así como a Comuna de Presxs Políticos del franquismo da que Chato Galante formaba parte, colectivo que naceu co obxectivo a dar testemuño directo das loitas e a represión da ditadura franquista.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-lamenta-pasamento-do-loitador-antifranquista-chato-galante-vitima-do-coronavirus/20200329124658026820.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr