O BNG é favorábel a un goberno de progreso, pero condicionará o seu voto a un compromiso claro coa axenda galega

Ana Pontón
Ana Pontón

Ante o preacordo de goberno entre PSOE e Unidas Podemos, a  portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reitera que “o BNG é favorable a un goberno de progreso pero o seu voto estará condicionado a un compromiso cunha axenda galega” como xa defendeu durante a campaña e a noite dos resultados electorais.

 A portavoz do BNG afirmou que a falta dun acordo no mes de abril respondeu  á  “irresponsabilidade das dúas forzas políticas” que quixeron levar ao conxunto dos cidadáns do Estado español a unha nova convocatoria electoral. Resulta unha pena, dixo, que algo que parecía que non se ía producir agora se resolva en 24 horas. “Todos estes meses só serviron para poñerlle unha alfombra vermella á extrema dereita”, recalcou.

Por outra parte, Pontón asegurou que aínda é pronto para saber en profundidade cal será a acción concreta da proposta e reiterou que para o Bloque Nacionalista galego é necesario un “desbloqueo na situación do Estado pero sobre todo, dialogar para que se poida producir un goberno de progreso no que o voto do BNG, estará condicionado a unha axenda galega que non pode seguir agardando máis tempo”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG