Congreso

O BNG exixirá ao Goberno central a finalización da variante o seu paso pola Estrada

Encontro A Estrada
Encontro A Estrada
Néstor Rego, acompañado de veciños e veciñas, viaxou até a Estrada para ver en situ a situación na que se atopa a N-640 ao seu paso pola vila.

Esta maña o deputado no Congreso, Néstor Rego, trasladouse até A Estrada para ver de primeira man os problemas da estrada N-640 ao seu paso pola zona urbana da vila e exixir a construción da variante, unha das loitas histórica do BNG da Estrada, que permitiría sacar un volume de tráfico importante do centro da vila, ao tempo que mellora substancialmente as comunicacións ao seu paso polo concello.

Esta infraestrutura acumula anos de anuncios e de atrasos. Nos orzamentos de 2008 o BNG conseguiu introducir unha emenda de 1,3 millóns de euros sobre unha partida inicial de 50.000 euros. O daquela delegado do goberno, Antón Louro (PSOE), anunciou en febreiro dese ano a adxudicación das obras. Finalmente non se materializou. En 2015 daquela a ministra, Ana Pastor, anunciaba en plena campaña electoral das municipais a licitación da obra para finais dese ano. Outra promesa que do Partido Popular que ficou en nada. Posteriormente o achado de restos arqueolóxicos dun castro en Aguións, freou o proxecto na procura dunha solución, que pasa por facer un túnel por debaixo do castro para preservar os restos. Esta paralización deixa en evidencia o escaso coñecemento do terreo por parte do equipo encargado do deseño do proxecto, pois o xacemento arqueolóxico é coñecido dende hai centos de anos.

Con todos estes precedentes e logo de confirmar que esta estrada que atravesa a vila cunha lonxitude aproximada de 2,75 km que abrangue neste tramo un total de 17 pasos de peóns e 9 semáforos, ademais de rexistrar numerosos accidentes. O deputado Néstor Rego exixirá no Congreso a implementación desta variante que a veciñanza da Estrada leva tanto anos esperando para liberar a vila de tanto tráfico rodado.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG