O BNG exixe a derrogación da LOMCE e a supresión da relixión do currículo escolar

Manifestación contra a LOMCE (Vigo)
Manifestación contra a LOMCE (Vigo)

Ao fío da sentenza feita pública pola CIG-Ensino na que a xustiza avala a obriga de elixir relixión ao alumnado de bacharelato para poder cursar Robótica, desde o BNG levaremos ao Parlamento iniciativas para derrogar a LOMCE e o Decreto 86/2015.

“A sentenza xudicial é moi clara, para garantir o dereito do alumnado a non cursar relixión obrígante a renunciar a formación noutros ámbitos como a Robótica”.

Non se é libre para escoller cando se obriga a renunciar, cando se restrinxe a capacidade de elección daquel estudantado que non quere cursar relixión.

Desta situación son responsábeis o Goberno central e a Xunta de Galiza. Dunha banda porque o PSOE, malia as promesas electorais, mantén en vigor a LOMCE, unha lei rexeitada masivamente pola comunidade educativa galega que, entre outras cuestións, supuxo un reforzo do ensino confesional.

Porén, desde o BNG lembramos que a responsabilidade é compartida pola Xunta de Galiza en cuxo Decreto 86/2016 fixa unha distribución horaria nos distintos itinerarios que obrigan o alumnado que opta por Robótica, Antropoloxía ou, aínda máis grave, Coeducación a ter que cursar relixión para completar a carga lectiva exixida.

Desde o BNG defendemos un ensino laico e científico e, polo tanto, a separación escrupulosa entre a igrexa e o estado. As crenzas relixiosas corresponden ao ámbito exclusivamente privado e non teñen cabida no ensino público do noso país.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG