O BNG denuncia que a Xunta está a cumprir o papel de “liquidadora” do estaleiro Vulcano

Encontro Vulcano
Encontro Vulcano

Luís Bará cualifica de “incapaces” a Rueda e Corina Porro e acusa a López Veiga de “poñer paus nas  para unha solución”

Xabier López Igrexas pide a dimisión de López Veiga, confía nas eleccións do 5A para desaloxar a Feixóo e afirma que o nacionalismo reactivará  o sector  industrial e naval de Vigo

O deputado, Luís Bará e o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas denunciaron hoxe, tras o encontro cos traballadores de Vulcano en Vigo, que a Xunta está actuando de “liquidadora” do estaleiro  a pesar dos compromisos adquiridos polo IGAPE e a propia consellería de Industria para garantir o futuro da actividade e o emprego.

Luís Bará culpabilizou ao vicepresidente, Alfonso Rueda e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, membros do consello de Administración do Porto  de Vigo de  non seren capaces de “pararlle os pes a López Veiga”, principal  responsable de “poñer paus nas rodas para buscar unha solución”. Neste momento, explicou o nacionalista, existe un proxecto e o BNG considera que debe ser analizado e estudado xa que incide na reparación naval, un sector cun grande  futuro. A Xunta, debe apoiar a proposta do BNG sobre “unha intervención pública” en Vulcano e  non pode seguir “mirando os touros dende a barreira”, debe intervir.

Na campaña electoral, engadiu Bará,  o BNG reclamará a Rueda, Conde e Feixóo que actúen para salvar esta situación e lembrou que o vindeiro 5 de abril,   temos a oportunidade de “ darlle a liquidación ao Partido popular e a Feixóo para ter un goberno que aposte por Vigo e o sector naval”.

Bará afirmou que á candidata do BNG, á Presidencia da Xunta, Ana Pontón está comprometida coa cidadanía de Vigo para que “Vulcano non sexa liquidado” e poñer en marcha medidas que garantan o seu futuro. “Co liderado de Ana Pontón como primeira presidenta da historia de Galiza o proxecto do estaleiro sairá adiante”, recalcou.

Pérez Igrexas pide a dimisión de López Veiga e confía nun novo goberno, liderado polo BNG,  o 5 de abril para reactivar a industria e o naval de Vigo

Denuncia “os atrancos” do Presidente da Autoridade portuaria de Vigo, Enrique López Veiga  para que Vulcano continúe coa actividade e xerando postos de traballo. Para o   o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, López Veiga  “non pode continuar un minuto máis á fronte da Autoridade portuaria de Vigo”. O seu papel con Vulcano foi “boicotear e sabotear calquera opción de futuro” e a Xunta de Galiza non pode “virar as costas” e sen  tomar ningunha decisión para que este estaleiro centenario reinicie a construción naval. Dende o BNG, entendemos que o novo acordo de investidura acadado entre o BNG e PSOE co compromiso de garantir o emprego e a actividade debe substanciarse con “medidas urxentes”. Neste sentido, avanzou que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego insistirá na concreción destas medidas.

 Por outra parte, dixo, as eleccións do cinco de abril servirán para votar pensando na “reactivación industrial e naval de Vigo” e cun goberno que garanta este sector estratéxico para a cidade e comarca. Isto, recalcou Pérez Igrexas, pasa polo “desaloxo do Partido popular e porque o  nacionalismo se converta nunha forza determinante no novo mapa político galego para asegurar que dende o público se tomen todas as medidas que apuntalen unha actividade sen a que, afirmou non podemos concibir o futuro da nosa cidade".

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG