Imprimir

O BNG denuncia que RENFE vende billetes Intercity a prezo Avant sen informar ás persoas usuarias

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 08 de agosto de 2019

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas denuncia “o fraude” de billetes máis caros, traxectos máis longos e sen conexión para móbiles, ordenadores ou tablets

A deputada do BNG, Noa Presas cualifica de “estafa” que RENFE venda billetes Intercity a prezo de billetes Avant sen informar ás persoas usuarias.

A parlamentaria  salienta que existen denuncias de persoas afectadas no tramo Ourense-Coruña, ás que cobraron polo billete  AVANT, 25,30 euros cando en realidade se trata dun tren Intercity cun prezo de 21,10€.

Presas afirma que a venda de billetes coa tarifa máis cara e sin previa información representa unha “estafa” xa que o billete non conleva as características como a conexión para un ordenador ou teléfono e os atrasos derivados dun  tren procedente de fora de Galiza. Ademáis, explica que  a desactivación do cadro eléctrico á chegada a Ourense para a súa adaptación á vía sen electrificar provoca  outra molestia aos usuarios, a desconexión o ar acondicionado.

A unha maior contía no billete, Presas engadiu o tempo empregado no percorrido, “un Avant emprega entre Ourense e Santiago 38 minutos de viaxe, mais se é un Intercity sobe a 51 minutos. Entre Ourense e Coruña a diferenza é de 1h e 8 minutos para o Avant e 1 hora e 25 para o Intercity”

Nas reclamacións ás que o BNG tivo acceso, afirma a nacionalista, Renfe respondeu con mentiras sobre  as características técnicas homologando o tren Intercity ao Avant.

A deputada anunciou que o BNG presentará iniciativas no Parlamento para reclamar a  mellora na política informativa, homologar  o prezo ao máis baixo e  sen aplicar un “imposto revolucionario” así como incrementar máis liñas de horarios para o AVANT e abaratar os prezos dos billetes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-denuncia-renfe-vende-billetes-intercity-prezo-avant-informar-persoas-usuarias/20190808140559025250.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr