O BNG denuncia recortes de persoal no ensino do alumnado con diversidade

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas lembrou que o  catálogo dos centros, produto do acordo asinado por todas as  centrais sindicais  e a Xunta  en 2007, fixaba  uns mínimos para a atención á diversidade, a partir das 4 unidades
A parlamentaria do BNG, Noa Presas trasladou hoxe á Comisión de Educación e Cultura a preocupación da comunidade educativa e AMPAS polos recortes na atención á diversidade sobre o persoal de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe.

A parlamentaria formulou unha pregunta ao goberno sobre a retirada das especialidades de Pegadoxía Terapéutica (PT), Audición e Linguaxe (AL) do catálogo de persoal dos centros de infantil e primaria, medida que sumou as políticas do Partido popular de “desmantelamento encuberto dende hai unha década”.

Na súa intervención aludiu á denuncia formulada o pasado 2 de outubro polo sindicato CIG-Ensino, tras unha xuntanza  coas dirección dos centros da Coruña e despois de trasladar  a Xefatura Territorial e  Xefatura de Inspección  a súa intención  de reclamar á Xunta de Galiza a supresión das figuras de PT e AL do catálogo de persoal dos centros de Infantil e Primaria.

Para a deputada, esta medida representa “a amnesia selectiva” dos acordos do ano 2007. Teño o acordo, aquí e se quere pode levar unha copia, díxolle  a

nacionalista ao director Xeral de Educación, Manuel Corredoira. O acordo, recalcou, é  é moi claro ao sinalar que en todo caso serán ampliábeis estes medios en función das necesidades e contarán con eles o alumnado que, matriculado nun centro con menos unidades, precise desa atención específica polo que volveu a preguntar se a Xunta confirma o expresado pola Xefatura Territorial da Coruña sobre a supresión destas figuras do catálogo.

Pola súa parte o responsable  de educación respondeu  que estamos ante unha “fake news” ao que Presas replicou que dende o BNG,non admitiremos que nos vendan a moto de que o profesorado de apoio estea en función das necesidades e que non parta dun cadro de persoal mínimo, porque sabemos cal é o final desa película: “unha dotación que nunca chega a cubrir as necesidades  e que implica de partida riscos serios da detección temperá”.

A deputada concluíu lembrando as denuncias de diversas AMPAS da Coruña polos recortes na atención ás crianzas con necesidades educativas específicas na área metropolitana no curso 2019/2020 que estendeu a outras zonas como o Barco de Valdeorras. Sobran os  exemplos, o que falta é “compromiso por parte da Xunta de Galiza”.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG