O BNG denuncia no Parlamento continuos recortes de cota de pescada que afoga a flota galega

Montse Prado
Montse Prado

A deputada do BNG, Montse Prado contrapuxo a discriminación da flota galega fronte á de  Portugal. Os  barcos lusos  teñen cotas máis altas,  pescan durante a fin de semana e venden o capturado  nas lonxas galegas sen restricións mentres os mariñeiros galegos “non poden saír ao mar”  

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou hoxe  ao Goberno polas continúas reducións da cota de pescada e os plans para a súa recuperación. Prado   denunciou que nunha década,  este recurso non recuperou a súa actividade. O ano pasado,explicou,  a rebaixa foi do 15% e neste ano a caída será do 22%. Estes datos, dixo  contrastan coa valoración da conselleira do Mar, Rosa Quintana, sobre “o inmenso esforzo negociador” do Ministerio tendo en conta que a proposta inicial era unha diminución do 60,2%. Neste sentido, denunciou  a posición da consellería e “os continuos recortes á flota galega”.

Por outra parte tamén salientou a situación discriminatoria a respecto de Portugal. Os barcos lusos, explicou,  poden pescar con máis cota, durante as fines de semana,  e  descargar nas lonxas galegas, mentres os mariñeiros galegos “non poden ir ao mar”.

A deputada indicou que en tres anos a flota galega padeceu unha rebaixa de 3.678 Toneladas sobre uns TACs xa  excesivamente “reducidos e insuficientes” e  tamén se referiu a flota da volanda cun reparto individual “ moi baixo” e sen alternativas para poder traballar o resto o ano ao establecer un máximo de 141 días cunha  cota moi minguada.

A escaseza de pescada e falta de cota obriga a flota a mudar a un cambio temporal de artes incrementando os gastos adicionais para adaptar as embarcacións a outras  pesquerías. Gastos, asegurou, que  poden acender a 15.500 euros como os asumidos por oito pesqueiros da Confraría  de Cedeira.

A parlamentaria reiterou que a  intención da Unión europea é  despezar a flota galega  e para iso conta coa  “conivencia do Goberno galego”. Non hai máis que ver, as dificultades da flota da volanta e as medias impostas ás artes menores. O  Goberno galego, denunciou,  rexeita asumir as súas competencias en augas interiores provocando  que a flota de artes menores teñan  que asumir cotas, a pesar de ser unha pesca “sustentable”.

A deputada preguntou polo balanzo da Xunta para a recuperación da pescada, tras 12 anos de poñer en marcha o plan, está recuperado o caladoiro, e se  o Plan de xestión serviu para mellorar as zonas de veda e desove.

Pola súa parte, a directora de Pesca, Mercedes Rodríguez asegurou que existen dous plans para recuperar a pescada,  norte e  sur, e os resultados de ambos plans acadaron os obxectivos ao que a parlamentaria replicou que, a Consellería do Mar mantén unha posición “displicente” co sector ata o punto de nin sequera recibilo a pesar das moitas peticións  e especificou que as preguntas formuladas polo BNG referíanse  a pescada  do sur pero  vostede volve a  “manipular e non se atén ao que preguntamos”, reprochou.

Vostedes actúan como “figurantes” e  agardando a que a flota desapareza e non teñen ningún rubor en afirmar que as medidas son aceptadas polo sector pero “os gastos nas embarcacións e os TACs” foron amplamente rexeitados, o que sucede, matizou a nacionalista, e que están obrigados a aceptalas para non ser “ilegais”. Finalmente, Prado pediu rigor a directora de Pesca e que se reúna co sector abrindo un diálogo que neste momento “non existe”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG