O BNG denuncia incumprimento da Xunta do acordo parlamentario sobre a recollida de plásticos agrícolas

Xosé Luís Rivas "mini"
Xosé Luís Rivas "mini"
Xosé Luís Rivas alertou do problema medioambiental que xera a non recollida  e preguntou ao goberno que  medidas vai tomar sobre estes residuos

O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas preguntou hoxe ao goberno que medidas vai tomar ante o problema mediombiental que representa a non recollida de plásticos agrícolas. Rivas lembra que no mes de novembro  do ano pasado,  a través dunha  iniciativa do BNG, foi aprobado un acordo por unanimidade para que a Xunta financiara a recollida destes refugallos.

Porque o problema, explicou o deputado,  reside en que con este sistema gratuíto chegábase a duras penas a recoller, máis ou menos o 50% dos plásticos agrícolas xerados, e agora volvemos velos nos “contenedores, cunetas das estradas, e montes”. O problema da suspensión do programa, incide negativamente nos custes de produción das explotacións gandeiras e tamén na  presenza dos  residuos en cauces de ríos e regatos  cun dano medioambiental considerable.

Para o deputado, a Xunta volve a “mentir” cando afirma que foron os propios gandeiros e labregos os que pediron o cambio de sistema. A Xunta, dixo Rivas “sacude o problema” pasándolle a responsabilidade aos concellos.

Rivas preguntou á responsable de Medioambiente porqué retiran unha axuda “ridícula” para estimular a recollida de plásticos agrícolas, reciclaxe e reutilización dos mesmos e lembrou que foron os propios concellos con explotacións gandeiras os que optaron  por montar un servizo gratuíto de recollida e acopio para facilitar o traballo das empresas de transporte e xestión pero a magnitude do problema e a presión dos concellos fixo que a Administración Autonómica tomase cartas no asunto e con fondos europeos establecese un programa gratuíto de colaboración asegurando a recollida gratuíta. O gasto, recalcou Rivas, era “irrisorio”, 24.200 euros que a Xunta deixou de financiar no mes de agosto do ano pasado e trasladando  o problema integramente a gandeiros e concellos.

O parlamentario do BNG volveu a preguntar que razóns levaron á Xunta de Galiza a non cumprir co acordo unánime do Parlamento galego do mes de novembro do ano pasado para volver a financiar a recollida destes residuos.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG