Imprimir

O BNG denuncia "falta de transparencia" no expediente de investigación mineira Isabela II

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 06 de abril de 2016

A deputada do BNG, Carme Adán preguntou se a Xunta coñece as denuncias formuladas por diferentes colectivos ante as dificultades para consultar o expedinte

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta ao goberno relativa a “falta de transparencia”para consultar o expediente do permiso de investigación mineira Isabela II.

Adán explicou que a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Industria ven de anunciar que se somete a información pública o expediente da solicitude de permiso de investigación mineira Isabela II que afectaría a terreos do concello de Zas, Santa Comba, Vimianzo, Coristanco e Mazaricos pero diversos colectivos “denuncian “ falta de información” para facer alegacións ao proxecto que recibiu recursos públicos, por parte do Estado.

Todo indica, dixo a nacionalista, que o proxecto pretende activar a actividade de megaminería en Galiza, proxectos,explicou, que provocaron unha forte contestación social polos seus grandes custes medioambientais polo que preguntou ao Goberno se considera a megaminería un modelo apropiado para Galiza tendo en conta o seu carácter “esquilmador” e se a Xunta coñece as denuncias de “falta de transparencia” na información para facer alegacións ao proxecto Isabela II.

Industria responde ao BNG que hai empresas que contaminan máis que os proxectos mineiros

Pola súa parte, o director de Industria, Bernardo Tahoces negou que o proxecto recibira algunha subvención da Xunta aínda que si accedeu a axudas do Estado por valor de 41.495 euros e dúas subvencións de 26.700 euros e 14.795 euros. Tahoces afirmou que en Galiza existen “múltiples fábricas que utilizan substancias máis perigosas” que as utilizadas nos proxectos mineiros e ningunha delas provocou “ningún problema medioambiental salientable”.

A parlamentaria reiterou que o concepto de “megaminería” é utilizado por expertos da minería e o problema radica en que modelo queremos para Galiza e que beneficios aporta. Neste sentido, afirmou que a cuestión é de “sustentabilidade” e o que constatamos é que os proxectos provocan un “gran impacto, lodos e residuos polas técnicas que utilizan”.

Carme Adán escoita á secretaria xeral de Igualdade

Dende o BNG, engadiu, aspiramos a que as empresas sexan cada vez menos contaminantes e a outro modelo de minería. Os custes medios ambientais son moi altos polo que propuxo abrir un debate sobre os criterios da lei relacionados con técnicas adecuadas e en base a criterios medioambientais. A parlamentaria denunciou unha “práctica” que cualificou de “colonial” de grandes grupos empresarias para obter beneficios de recursos, neste caso, mineiros.

Galiza “non é unha mina” ten recursos mineiros que deben estar ao servizo dos galegos e galegas e non dos grandes grupos empresariais, capitais foráneos e paraísos fiscais, concluíu.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/bng-denuncia-falta-transparencia-no-expediente-investigacion-mineira-isabela-ii/20160406182018012893.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr