Imprimir

O BNG denuncia no Congreso a perigosa situación da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 17 de xaneiro de 2020

Via Ferrol-Betanzos
Via Ferrol-Betanzos
O deputado Néstor Rego advirte da perigosidade na que se atopa neste momento a vía e a inexistencia de medidas de control que pon en risco a estrutura

Nas últimas semanas detectouse un empeoramento notábel do ribazo que sostén as vías da liña Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas, dado como consecuencia das choivas que se produciron un importante corremento de terras que afectou tanto a unha vivenda unifamiliar como ao paseo marítimo que bordea a praia da Madalena.

Ante a inexistencia de medidas de control sobre o ribazo podo provocar novos corrementos de terra, co conseguinte perigo para a estabilidade da estrutura da liña ferroviaria, como para as vivendas situadas baixo a mesma. O Bloque Nacionalista Galego preguntou ao Goberno mediante unha iniciativa parlamentara sobre as medidas de prevención para evitar un empeoramento da situación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-denuncia-congreso-situacion-atopa-lina-ferroviaria-ferrol-betanzos-ao-seu-paso-cabanas/20200117131605026307.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr