Congreso

O BNG avalía positivamente a decisión de tomar como base os núcleos rurais para determinar o uso ou non de franxas horarias

Núcleos rurais
Núcleos rurais
O deputado Néstor Rego formulou esta cuestión no debate de prórroga do Estado de Alarma deste mércores e o Presidente do Goberno respondeu que se podía facer.

A intervención do deputado do BNG foi determinante para lograr pór fin a unha interpretación pensada para outras partes do Estado español e que non tomaba en consideración o hábitat disperso de Galiza. Ademais, supuña un criterio diferente do que xa se estaba a aplicar en Asturias.

Na intervención do deputado Néstor Rego este mércores BNG no Congreso sobre a prórroga do Estado de Alarma fixo referencia a isto como exemplo de inadecuación do criterio xeral “á realidade da Galiza con poboación dispersa en que son habituais casos de Concellos que pasan moito dos 5.000 habitantes mais en que ningún núcleo se aproxima sequera a esa cantidade”, enfatizou.

O Presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, na resposta ao deputado do BNG, afirmou que entendía que no caso da Galiza o criterio por núcleos ou parroquias era perfectamente posíbel. Ademais, a Vicepresidenta, Carmen Calvo, comprometeuse co deputado nacionalista a trasladar esta cuestión ao Delegado do Goberno na Galiza para que buscase a forma para aplicalo.

Ao longo do día de hoxe, o Delegado do Goberno falou con Néstor Rego, inicialmente  para lle comunicar que estaban estudando a fórmula adecuada  e finalmente, xa a última hora da tarde, que estaba resolto.

O BNG avalía positivamente esta decisión que permite en pequenos núcleos, especialmente rurais, saír ás horas máis convenientes con total seguranza. Unha decisión, en todo o caso, que se adapta mellor ás características poboacionais do noso País.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG