O BNG arranca o curso político cun acto en Carballo baixo o lema: “Facer Valer Galiza”

Xavier Campos
Xavier Campos

Participarán diversos colectivos  sociais e económicos, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón

Xavier campos, responsable de comunicación, anuncia unha campaña centrada na económica, medio ambiente, feminismo e dereitos sociais 

O responsable de comunicación do BNG, Xavier Campos presentou a campaña de inicio de curso político cun gran acto que terá lugar o sábado 14 de setembro, en Carballo, no que intervirán diversos colectivos, o alcalde de Carballo e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Campos avanzou que a campaña, baixo o lema “FACER VALER GALIZA” estará centrada naqueles aspectos que preocupan á cidadanía galega entre os que destacou “a economía, o medio ambiente, o feminismo e dereitos sociais”.

O responsable da Área de comunicación do BNG asegurou que comeza un período que será histórico para Galiza e para o propio BNG, un período que  “encaramos con toda a forza e optimismo” porque o BNG, recalcou, está sintonizando co “máis dinámico e vivo do noso país. Dende o BNG ofrecemos   “ un proxecto inclusivo, aberto, e  plural para a grande maioría que hoxe necesita un cambio para recuperar a esperanza dunha vida mellor. 

Campos remarcou que Galiza precisa “un goberno forte que defenda á sociedade galega sen complexos e faga fronte á discriminación e maltrado do Estado. “Unha sociedade galega empoderada” que se faga respectar e actúe con intelixencia de país e  neste sentido, engadiu vai a campaña do BNG para iniciar o curso político.

O traballo político que agora comeza ten para nós dous obxectivos principais nos próximos meses: o primeiro, defender os intereses de Galiza en todos os grandes temas, modelo de financiamento autonómico,  infraestruturas,  defensa da nosa industria,  tecido económico ,  defensa da sanidade do  ensino e os servizos públicos porque hai  cambios que non son tal e  que quedan en “recambios”. Cambian as caras pero manteñen o modelo e nós temos claro que o cambio real en Galiza pasa por  facernos valer, facernos valer como sociedade, facernos valer como país, defender os nosos intereses e actuar con intelixencia colectiva e orgullo”.

Ante un posible novo proceso electoral, Campos afirmou que o BNG está preparado para conseguir unha voz propia no Congreso que defenda os intereses de Galiza e reiterou que o BNG tende a man a todas aquelas persoas, que ao igual ca nós son conscientes da “ausencia de Galiza” no escenario político do estado. Ninguén está a defender “unha axenda galega” nin os intereses de todos os galegos e galegas para condicionar a constitución dun goberno e ninguén o vai facer por nós.

Os meses que veñen por diante  van ser meses decisivos, e  este vai ser o curso do cambio político en Galiza, e vai selo porque na sociedade galega xa hai unha maioría que quere vivir nun país diferente e mellor, concluíu.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG