O BNG acusa á xunta de “irresponsable” ante a a problemática do xabaril

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"
Rivas mostrou o seu malestar ante a falta de resposta do goberno ás preguntas formuladas polo BNG sobre a praga do xabaril
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas volveu hoxe a tildar de “irresponsable” a Xunta de Galiza por non acometer medidas para un  censo e xestión da especie do xabaril, tras os  grandes danos rexistrados nas explotacións agrarias por esta especie.

Rivas salientou que, mesmo algunhas administracións e cargos relevantes do Partido popular demandan que a especie sexa declarada como unha “praga” dentro de Galiza e  reclamou “un Plan de Xestión” da especie coa elaboración dun censo poboacional, a  incidencia do porco bravo por comarcas e un protocolo de medidas para reducir os danos nos cultivos.

Na súa intervención afirmou que “unha política exclusiva de batidas non é a solución”, e  que mesmo pode agravar o  problema e inducir a  máis danos sobre a agricultura e  a biodiversidade.

O deputado, tras mostrar o  seu malestar ante a falta de respostas da Xunta ás cuestións formuladas polo BNG na Comisión de Agricultura, gandería e Montes celebrada hoxe no Parlamento galego, afirmou que os problemas que provoca o xabaril non competen só ao Estado e preguntou que propostas levou a Xunta a reunión da Comisión estratéxica da Conferencia estatal.

Xosé Luís Rivas (Mini), acusou ao goberno galego  de “non facer nada” cando comezaba o  problema  e agora “ fan como si fixeran algo” e por riba, bótanlle a culpa aos ecoloxistas e as persoas que denunciamos. O xabaril esta perturbando a fauna galega pero esa perturbación é maior, dixo, “coas batidas erráticas” que a Xunta puxo marcha. Esas batidas, engadiu, “non foron controladas nin estudado o seu éxito ou fracaso”.

Non existe censo oficial, insistiu, pero Unións agrarias e despois a propia consellería de Medio ambiente cifra en 200 mil  exemplares a especie sobre a que  xunta tivo a grande  “ocorrencia” de comercializar a carne  envasada  ao vacío, “que disparate”, manifestou o nacionalista.

Finalmente, o deputado do BNG apelou á profesionalidade dos investigadores e investigadoras galegos para estudar con criterios técnicos posibles alternativas á “praga do xabaril”. Fagan vostede caso das persoas expertas e acometan un Plan de xestión que conleve o estudo da poboación da especie e medidas contra aos danos que está a provocar nos cultivos e no tráfico rodado. 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG