O BNG acada un acordo unánime para construír o centro de saúde en Caldas de Reis prometido hai 10 anos polo PP

Montse Prado
Montse Prado
O texto defendido pola deputada Montse Prado insta á Xunta a iniciar os trámites tan pronto o concello ceda os terreos
O BNG, a través dunha Proposición non de lei defendida pola deputada, Montse Prado, solicitou á Xunta: Acordar co concello de Caldas de Reis a construción dun novo centro de saúde que dea resposta ás demandas presentes e futuras deste concello.

Ademais, a iniciativa do BNG tamén incluía mellorar a asistencia sanitaria que se presta actualmente no centro de saúde e no PAC de Caldas mediante a dotación do persoal sanitario necesario para “garantir un servizo de calidade”, punto que foi rexeitado polo grupo maioritario do Partido popular.

Finalmente o texto do BNG, que acadou a unanimidade da comisión de Sanidade insta á Xunta de Galiza a que a Consellería de Sanidade “se comprometa a iniciar os trámites para a construción do Centro de Saúde de Caldas, tan pronto o concello ceda os terreos necesarios.  

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG, cominou ao portavoz popular de sanidade, Aurelio Manzano a aclarar si “o PP está disposto a que os veciños e veciñas de Caldas conten cun novo Centro de Saúde” porque despois de dez anos, explicou, o Partido popular non cumpriu a súa promesa. A nacionalista lembrou que en diversas ocasións, o “Partido popular votou en contra do que prometeu”. Si hoxe, recalcou Prado,  tamén votan en contra da iniciativa do BNG que demanda “acordar co concello a construción do novo centro de saúde para dar resposta ás demandas dos usuarios e usuarias e poñer fin as deficiencias a través dun convenio cun prazo máximo de tres meses”, estarán vostedes traizoando a todos os veciños e veciñas de Caldas de Reis. Si o PP ten vontade política, asegurou a deputada,  a Xunta pode comprometerse a iniciar a construción, tras estar os terreos dispoñibles como finalmente recolle o acordo acadado polo BNG na Comisión de Sanidade.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG