Parlamento Galego

Os avances conseguidos polo BNG no acordo de investidura provoca a perrencha do PP no Parlamento Galego

Sinatura Acordo
Sinatura Acordo

Rueda limita a súa comparecencia a criticar os logros do BNG a favor de Galiza

Luís Bará  a Rueda: “Si non saben facer o seu  traballo, déixenos a nós”

O deputado do BNG, Luís Bará afirmou que “todo o conseguido polo BNG no acordo de investidura, deixa en ridículo ao PP”. Tras a comparecencia do vicepresidente sobre a concreción da axenda galega ante o goberno do estado, o deputado do BNG afirmou que “Rueda veu hoxe ao parlamento a facerlle oposición ao BNG e ao acordo de investidura”. Para o nacionalista, a comparecencia do vicepresidente da Xunta demostra que “este acordo lles proe moito” e en sentido irónico recomendou  “po de talco que son moi bos para as rañeiras”.

Xa no debate, Bará amosou a súa sorpresa polo contido dunha comparecencia que demostra o “mal que lle senta ao PP”  todo o conseguido para Galiza polo BNG. “Hoxe non veu aquí como vicepresidente da Xunta de Galiza, hoxe viste a camiseta do Partido popular e a persoa que debería comparecer e dar a cara é o Presidente Feixóo”, afirmou.

O parlamentario do BNG asegurou que  a comparecencia de Rueda reflicte a falta de     estratexia de goberno galego e a súa negativa a dar contas e  facer balance”. Están, recalcou, “nunha estratexia de oposición ao goberno do Estado e ao BNG” porque son  “son submisos  ao PP de Madrid” e subordinados a unha estratexia “radical, extremista e reaccionaria de VOX de da FAES”.

O nacionalista lembrou que foi o BNG no mes de xuño do ano 2018 en palabras da súa  portavoz, Ana Pontón quen aludiu a “poñer deberes ao goberno do Estado ante a discriminación dos goberno do Partido popular  con Galiza” mentres o PP galego “non dicía nin pío”. Para o BNG, a axenda galega pódese resumir nunha expresión: “ Galiza primeiro”. A súa axenda polo contrario é de submisión a Madrid e a España, ao “centralismo e o españolismo rancio e reaccionario”.

O deputado afirmou que Cataluña “non lle rouba a Galiza,  quen nos rouba é Madrid, “o centralismo, a dependencia, a corrupción e as portas xiratorias”. A  axenda galega do BNG defende os intereses de Galiza” como quedou claro nos últimos debates do estado por primeira vez, nun debate de investidura.

Bará reiterou que a comparecencia do vicepresidente da Xunta  é unha demostración dos avances para Galiza conseguidos no acordo de investidura polo BNG e aclarou que o acordo é de investidura, “non de lexislatura nin de orzamentos”.

 O parlamentario destacou  que “un só deputado do BNG conseguiu máis que 22 doutras forzas” e a mellor proba foi a reacción do propio Feixóo que quedou “descolocado” para despois estar “desgustado e contrariado”. Deberían agradecernos o traballo que fixemos pero non nos pidan que o fagamos todo porque o BNG non é o goberno da Xunta e si non son capaces de facer o seu traballo “déixenos facelo a nós que estamos preparados”.

Bará criticou que o vicepresidente aludira ás transferencias cando en realidade a Xunta non reclamou ningunha durante todos estes anos e mesmo frearon a da AP-9 no Congreso, iso non é morro, dixo,  “é morrazo”. O deputado volveu a poñer en valor o acordo  e pediu ao PP que se sumara aos avances conseguidos. Foi un acordo produto dunha importante negociación e avalado  polo secretario de Estado de infraestruturas. “O BNG non ten as mans atadas para negociar”, non como vostedes, “si o BNG está, Galiza está”, concluíu.


RELACIONADO:

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG