Parlamento Galego

Aprobada no Parlamento a iniciativa do BNG para que os mariñeiros galegos cobren as pensións de Noruega

Montse Prado 3
Montse Prado
  • O Parlamento Galego acorda instar ao goberno central para que presente unha demanda perante o Noruega para que os mariñeiros galegos embargados en buques deste país poidan cobrar as pensións
  • A nacionalista, Montse Prado  lembrou que hai 8.000 afectados que non perciben pensións do goberno noruegués a pesar de ter pagado impostos e criticou que en vez de seren mariñeiros galegos se  foran traballadores do IBEX 35, o problema levaría tempo resolto polo que pediu o mesmo respecto e atención para este colectivo

A deputada do BNG, Montse Prado defendeu, a través dunha proposición non de lei, instar á Xunta a demandar do Goberno do Estado, “interpoñer  unha demanda ante o  goberno de Noruega” para que sexa recoñecido o dereito dos mariñeiros galegos embarcados en buques noruegueses  “a  percibir as súas  pensións”.

A parlamentaria, tras saudar aos mariñeiros  da Asociación Long Hope presentes no debate na tribuna de convidados, explicou que a Xunta non pode personarse na demanda pero si pode “implicarse, dunha maneira efectiva,  ante un  problema que afecta a 8.000 galegos” polo que instou á Xunta  a dirixirse ao goberno do Estado para que interpoña a demanda xudicial  ante o goberno de Noruega.

Trala intervención do portavoz de pesa do Partido popular, Carlos López Castro que anunciou o voto favorable á iniciativa nacionalista, a deputada do BNG amosou a súa satisfacción pero advertiu que agarda que se cumpra o acordo acadado hoxe porque xa existe outro que tamén  contou coa unanimidade do Parlamento galego para resolver as pensións dos mariñeiros  Long Hop e quedou “en papel mollado”.

A deputada do BNG reiterou que a iniciativa defendida polo grupo nacionalista responde ás demandas dos mariñeiros Long Hope. O que eles queren e precisan, dixo, é que “o Estado interpoña unha demanda” ante o goberno de Noruega e preguntou  que fixo ata agora  o Goberno galego, cántas veces acompañou aos mariñeiros na súa peregrinaxe, cántas veces foi a Madrid para facer presión e cántas veces Núñez Feijóo tivo na súa axenda o problema dos mariñeiros galegos de Noruega?. Son 8.000 galegos que non reciben a súa pensión, e o que hoxe pide o BNG e os mariñeiros afectados é que o Partido popular faga algo e non se limite a pronunciar “boas palabras en sede parlamentaria”.

Aprobado o acordo, dixo, o Goberno galego debe reunirse cos afectados e trasladarlle ao Goberno español que presente unha demanda ante o Goberno de Noruega porque “xuridicamente é posible”.

É unha decisión política que o Estado español decida que os mariñeiros galegos reciban a súa pensión. Si en vez de ser mariñeiros galegos foron traballadores do IBEX 35 seguro que o problema  estaba resolto hai tempo, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG