Parlamento Europeo

Ana Pontón trasladará a situación de precariedade en Galiza á Comisaria Europea de Asuntos Sociais

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, trasládase este martes a Bruxelas para manter un encontro coa comisaria europea de Asuntos Sociais, Marianne Thyssen, á que trasladará as propostas e as demandas do BNG para abordar a situación de precariedade que soporta unha maioría de galegos e galegas, nun país no que 700.000 persoas viven en risco de exclusión e no que a taxa de pobreza aumentou un 25% só durante o último ano.

A reunión terá lugar as 11:00 horas na sede da Comisión Europea, Edificio Berlaymont, nun encontro no que Pontón estará acompañada polo portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, e de representantes de distintos colectivos e organizacións de loita contra a pobreza en Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG