Ana Pontón: “Temos proxecto sólido, equipo e un candidato preparado para ser o alcalde de Lugo”

Lugo feminista
Lugo feminista

Arroxo e Ferreiro comprometen que a Casa da Muller “será o filtro lila para  a xestión municipal” e para garantir unha aplicación da perspectiva de xénero en todos os ámbito

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou nun acto de campaña en Lugo xunto co cabeza de lista e a candidata número dous, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, no que destacou que as políticas en defensa da igualdade e os dereitos das mulleres é un sinal de identidade dos concellos BNG. Para o acto tivo lugar ante a  Casa da Muller.

Precisamente en Lugo, salientou Pontón que o BNG é unha forza “á alza”  e resulta evidente como medra a “corrente de simpatía” cara o proxecto que representa Rubén Arroxo, “cun equipo sólido que ven traballando con moito empeño nesta lexislatura, que demostra que é a alternativa para todas as persoas que ven a cidade paralizada”.

“Temos a alternativa cun proxecto sólido, un equipo preparado para gobernar e un candidato que coñece a cidade, que ten empuxe e está preparado para ser o alcalde de Lugo sobre a base dun proxecto capaz de sacar á cidade da súa parálise”, proclamou Pontón.

A dirixente do Bloque puxo en valor o proxecto que representa o candidato á Alcaldía, “cargado de ilusión, de dinamismo”. Por iso, proclamou, “imos a por todas nas eleccións municipais e teremos un gran resultado porque vemos que hai unha corrente de simpatía que está medrando, moita veciñanza decepcionada co que pasou nestes catro anos, que quere que Lugo funcione e sabe que o candidato preparado para poñer en marcha o cambio transformador que necesita Lugo é Rubén Arroxo”, concluíu.

Diante da Casa da muller, Pontón salientou o compromiso do BNG desde a política local “para non dar ni un paso atrás” nos dereitos das mulleres, con medidas concretas tamén desde o ámbito municipal, como a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública para evitar discriminación laboral de xénero ou desenvolvendo  Plans de Igualdade Municipal.

Rubén ArroxoTamén como propostas a favor da igualdade, actuacións contra a discriminación de xénero no ámbito laboral, mellorar as condicións de traballo nos sectores de emprego feminizados, favorecer a conciliación e a corresponsabilidade na vida persoal, laboral e familiar, apoiar desde os concellos as asociacións que traballan coas vítimas de violencia machista ou fortalecer os centros de información ás mulleres, incluído os servizos de atención psicolóxica e legal e facilitar unha atención integral ás vítimas.

“Queremos que o próximo goberno municipal do Lugo teña postas as gafas lilas os 365 días do ano”, afondou Ferreiro, quen puxo á formación nacionalista como garantía da defensa da igualdade desde o concello.Unha mensaxe na que tamén insistiu Arroxo.

Óptica feminista

“Estamos presentando unha alternativa para que sexa unha cidade igualitaria de forma transversal”, despois do gran traballo levado a cabo polo Bloque na cidade, explicou. “Nun momento no que o BNG está a alza tamén temos que dicir que só un goberno do BNG vai permitir que se presenten iniciativas deste tipo e por iso imos seguir traballando o que resta de campaña porque creemos que na situación actual podemos aspirar á alcaldía de Lugo o 26M”.

“Queremos poñer Lugo a funcionar, temos as ideas claras e entendemos que agora é o momento que lle toca ao concello e Lugo”, recalcou.

O BNG vai ser garante dunha xestión municipal, con óptica feminista, de xeito transversal e con incidencia en todas as áreas de goberno, convertendo a Casa da Muller “no filtro lila da xestión municipal”. Entre os compromisos, dotar de medios esta entidade para que funcione como cerebro e corazón do que emane unha visión de xénero para que as políticas que se apliquen dende o goberno sexan desde a igualdade en todas as áreas como deporte, infraestruturas, cultura, mocidade, transporte, entre outras.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG