Ana Pontón: “Só o BNG ten as mans libres para defender os intereses de Galiza”

Candidatura A Coruña
Candidatura A Coruña

A portavoz nacional pide que o “cabreo” se traduza en dar voz a galiza, da man do BNG no congreso

Néstor Rego, pide "confiar" no BNG  para dar "voz" a Galicia en Madrid

No acto de presentación da candidatura do BNG por A Coruña ao Congreso dos deputados e Senado, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón apelou a traducir “o cabreo” da cidadanía en “dar voz a Galiza no Congreso da man do BNG”.

Catro eleccións en catro anos: esa é a gran aportación das forzas estatais, da dereita e da esquerda, esa é a súa gran aportación para mellorar a vida dos coruñeses e das coruñesas. Por iso, o que lle pido os galegos e as galegas e que convertan a  inutilidade das forzas estatais nunha oportunidade: “A de conseguir que A Coruña, e que Galiza teñan no Congreso unha voz propia da man do BNG para facernos valer en Madrid”, afirmou.

O 10N non vai do futuro político de Sánchez nin de  Casado, non vai de duelos entre a maraña de siglas da esquerda e da dereita. O 10 de novembro vai do futuro e de dar  solucións  aos traballadores e traballadoras de ALCOA, a unha transición xusta para As Pontes, modernizar o noso ferrocarril ou  depurar as nosas rías.

O BNG, recalcou a nacionalista  é única garantía de que todos eses temas van formar parte da axenda do Estado, porque só o BNG ten “as mans libres para defender os intereses de Galiza”, e traballará sen ataduras para mellorar a vida dos galegos e das galegas sen pedirlle permiso a ninguén. “Ese é o noso compromiso”.

O 10N, UNHA OPORTUNIDADE PARA RECUPER O PESO POLÍTICO DE GALIZA  EN MADRID DA MAN DO BNG 

Pontón asegurou que os galegos e galegas  xa tomaron nota da “incapacidade, incompetencia e circo no que as forzas estatais están convertendo a política” pero esas  inutilidade das forzas estatais, explicou, é unha  oportunidade para que Galiza conte cunha “voz propia” que defenda  en Madrid da man do BNG, única forza política coas mans libre para defender os nosos intereses no Congreso dos deputados e deputadas.

A portavoz do BNG criticou que mentres se condona a débeda do porto exterior de Valencia, o Estado pretende que os galegos e galegas paguen as obras do porto exterior da Coruña. Necesitamos unha conexión ferroviaria entre Ferrol e Coruña e o saneamento da ría da Coruña e  esta campaña vai de cambiar o rumbo.

Estamos convencidos e convencidas de que temos “unha grande oportunidade” e o Bloque Nacionalista Galego é unha forza política a alza. Hai uns meses quedamos “ás portas” e na circunscrición da Coruña faltaron moi poucos votos para obter representación e si nesta campaña convertemos “o cabreo” nun acto reivindicativo nas urnas apoiando a candidatura do BNG, Galiza recuperará o seu  peso político no Estado.

Temos que tomar nós as decisións e non dende Madrid, hoxe mesmo explicou Pontón sabemos que o Estado vai liberar unha parte dos 700 millóns de euros que debe a Galiza polo sistema de financiamento mentres “o Goberno galego cala”. A líder do BNG preguntou porque non se defende outro sistema que non nos   prexudique, ese  é o problema de fondo, que cando en “Madrid deciden por nós, fano en contra dos nosos intereses”. Nesta campaña dende o BNG defendermos un novo sistema de financiamento para que a “chave dos cartos” dos galegos e galegas a teñamos aquí.

NÉSTOR REGO DEFENDERÁ NO CONGRESO UNHA AXENDA GALEGA

Pola súa parte, o cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Néstor Rego, tras denunciar “o silencio” de Galiza das forzas políticas españolas en Madrid  anunciou que o BNG defenderá “unha axenda galega” para colocar no debate político os problemas e solucións que precisamos.

Infelizmente, constatamos como perviviu ese “silencio” durante os últimos cinco meses pero dende o BNG queremos mudar esa realidade e sabemos que “desta vai” e imos dar voz a Galiza, sobre todo nunha situación de crise económica e desmantelamento industrial que afecta a toda Galiza e de maneira especial á provincia da Coruña.

Rego recalcou que para mudar radicalmente a situación é preciso “confiar” no BNG. No BNG, dixo,  “somos conscientes da grande responsabilidade e certeza de que imos cumprir coa nosa cidadanía” e para iso conformamos unha candidatura de persoas comprometidas coa defensa dos intereses de todos os galegos e galegas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG