Imprimir

Ana Pontón reclama unha solución para As Pontes e a intervención pública en Barreras

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 02 de outubro de 2019

Ana Pontón
Ana Pontón

Exixe a Feixóo que actúe ante a grave crise industrial galega e volve a a pedirlle que acuda aos tribunais para reclamar os 700 millóns de euros que o Estado debe a Galiza

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón instou hoxe a Feixóo a actuar ante a crise industrial que está afectando gravemente a Ferroatlántica, a Alcoa e as Pontes pero tamén a outros sectores como o naval. Pontón tamén asegurou que o Ministerio que dirixe Teresa Ribera debe mudar o modelo de política enerxética que actúa como “camicaze” contra os intereses galegos.

A portavoz nacionalista afirmou que a actual política enerxética iniciada polo Partido popular e continuada polo Partido socialista, “pon contra as cordas e en risco miles de postos de traballo”. Tanto o PP como o PSOE, explicou, son incapaces de poñer no centro os intereses galegos. Un PP que goberna a Xunta é que non fai nada para que os galegos e galegas nos beneficiemos da enerxía eléctrica que producimos e un PSOE que plantexa unha transacción enerxética errada poñendo nunha difícil situación ás Pontes e a súa comarca. Dende o BNG reclamamos “un plan industrial” semellante a de outros países como Alemaña. O proceso de descarbonización debe contar con este plan porque a outra alternativa é “o deserto industrial” para a comarca de Ferrolterra.

RESCATE PÚBLICO  DE BARRERAS

Para Pontón, Barreras representa “o fracaso persoal de Feixóo” que no ano 2013 nos prometeu que PEMEX sería a “táboa de salvación do sector naval” e seis anos despois temos “aos socios de Feixóo imputados por corrupción en México, un estaleiro en crise,  30 industrias auxiliares afogadas por impagos e máis de 1.000 postos de traballo en risco”.

Dende o BNG exiximos á Xunta que deixe de escorrer o vulto e actúe coa “intervención pública, recatando o estaleiro de Barreras para garantir o eu  futuro”.

A XUNTA DEBE DEMANDAR XUDICIALMENTE OS 700 MILLÓNS DE EUROS

 Por outra parte, Pontón tamén se referiu ao impago dos 700 millóns de euros e responsabilizou  ao Goberno galego de non  “recoñecer os seus erros e  fracaso para defender os intereses de Galiza”. Como mostra, onte mesmo o conselleiro de facenda “chorimiqueaba” polos 700 millóns de euros que nos debe o Estado. Si realmente eses recursos son nosos o goberno que dirixe Feixóo debe interpoñer unha “demanda xudicial” para reclamalos. Pero ademais, engadiu, hai que mudar o modelo de financiamento para que Madrid non sega  tendo “a chave dos cartos galegos”, temos que administralos nós e non a 600 Km.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-reclama-solucion-pontes-intervencion-publica-barreras/20191002175446025465.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr