Ana Pontón presenta en Pontevedra as Bases Democráticas para que Galiza acade un novo status político

Presentación en Pontevedra das Bases Democráticas
Presentación en Pontevedra das Bases Democráticas

Denuncia a involución do Estado e pide a mobilización de todos os demócratas máis alá de partidismos

A portavoz nacional  do BNG, Ana Pontón  presentou  hoxe Pontevedra a  proposta do Bloque expresada nas Bases Democráticas, punto de partida para o debate entre as forzas políticas, axentes económicos, sociais e culturais para  evitar que Galiza perda posicións, e para “dar un paso adiante desde o recoñecemento de Galiza como nación”, nun momento no que se producirán grandes  cambios no Estado.

No acto público celebrado no Teatro Principal, a portavoz do BNG manifestou que Galiza, “non pode quedar atrás nun  escenario que vai decidir un novo marco institucional”, temos que estar aí e con poder  porqué está en xogo o noso futuro. Precisamos un  “novo status para a nación galega”, para acadar outro  sistema financeiro, unha  capacidade fiscal xusta, un  concerto económico que produza beneficios no noso país, xestionar as  infraestruturas como  AP-9 e os aeroportos,  e decidir  por nós sobre o sector enerxético ou a política forestal. “Ter e exercer o autogoberno implicaría ter as ferramentas para mellorar as condicións de vida de todos e todas as  galegas e ter esas ferramentas, empodera a Galiza”, recalcou.

O actual Estatuto e a Constitución, explicou Pontón, non permitiron que Galiza puidera desenvolver todo o seu  potencial e hai problemas estruturais que seguen  presentes e mesmo  agudizados nos  anos de crise. A esta realidade, dixo, hai que sumar  a  “recentralización política impulsada polo Partido popular e partido socialista,  unha receita letal para o noso país, para a nosa economía, a nosa lingua e a nosa  cultura”. Pontón  insistiu na necesidade de dar un “xiro ao poder político galego” porque de non ser así, advertiu,  veremos como Galiza sae “moi mal parada” do novo escenario político que se está a abrir.

Presentación en Pontevedra das Bases DemocráticasSituación política en Cataluña

Na súa intervención, a nacionalista afirmou que  a decisión xudicial contra os membros do goberno catalán, “obedece á orde dun fiscal reprobado no Congreso por agochar a corrupción do PP”  e liquida a separación de poderes. No acto de presentación das Bases democráticas na cidade de Pontevedra, a portavoz do BNG pediu a posta en liberdade dos detidos e detidas e advirte que “a represión do Estado pode ser aplicada a calquera persoa incómoda para o poder”.

Dende o BNG, dixo,  denunciamos que a orde de prisión decretada contra o lexítimo Goberno de Cataluña resulta “dunha gravidade extrema” e marca un auténtico punto de inflexión na deriva represiva e autoritaria do Estado. 

“A decisión tomada pola xuíza Lamela pon negro sobre branco que non hai separación de poderes senón uns órganos xudiciais ao servizo do PP, e o  paso dado pola xuíza responde a unha orde política do Goberno de Rajoy, abre a crise democrática máis grave dos últimos 40 anos e instala o Estado español nun comportamento neofranquista”.

Para o Bloque, xa non estamos ante un debate a favor ou en contra de independencia de Cataluña, estamos  ante un  debate en defensa da democracia. “É un debate democrático, de defensa de dereitos e liberdades, porque o camiño de represión que hoxe se aplica contra o independentismo catalán é unha porta aberta que ameaza a calquera persoa, colectivo ou proposta política e social transformadora ou incómoda para o poder”, alertou Pontón.

Dende o BNG tamén queremos  denunciar a dobre vara de medir da Xustiza española, que precisa anos para resolver casos da corrupción que afectan ao PP, como a Gürtell, pero manda a cadea en 24 horas a membros de un Goberno lexitimamente elixido nas urnas, proba evidente que estamos ante un Estado “fracasado que traballa para que non haxa unhas eleccións limpas en Cataluña”, denuncia Pontón que advertiu contra  voces de importantes membros do PP como Pablo Casado ou Xavier Albiol que piden  ilegalizar forzas políticas como as CUP, concluiu

 Na presentación  da proposta do Bloque expresada nas Bases Democráticas, Pontón recalcou que este documento   pretende ser un punto de partida para o debate entre as forzas políticas, axentes económicos, sociais e culturais para  evitar que Galiza perda posicións, “dando un paso adiante desde o recoñecemento de Galiza como nación”, nun momento no que se producirán grandes  cambios a nivel de Estado.

Galiza, insistiu Pontón , “non pode quedar atrás ante o novo escenario que se abre para mudar o actual marco institucional” e salientou entre as vantaxes dun novo status para a nación galega: un novo sistema financeiro, capacidade fiscal, concerto económico, infraestruturas como a AP9 e  aeroportos, sector enerxético, ou a política forestal. “Ter e exercer o autogoberno implicaría ter as ferramentas para mellorar as condicións de vida de todos e todas as  galegas”, remarcou.

O actual Estatuto e a Constitución non permitiron que Galiza puidera desenvolver todo o noso potencial e hai problemas estruturais que seguen estando presentes e mesmo foron agudizados nestes anos de crise á que sumou a  “recentralización política impulsada polo Partido popular e partido socialista,  unha receita letal para o noso país, para a nosa economía, a nosa lingua e a nosa  cultura”. Pontón  insistiu na necesidade de dar un “xiro ao poder político galego” porque de non ser así, advertiu,  veremos como Galiza sae “moi mal parada” do novo escenario político que se está a abrir.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG