Ana Pontón pide o voto para Xurxo Couto “porque é a alternativa que Arteixo necesita fronte ao PP”

Arteixo
Arteixo

Puxo Carballo como exemplo do que o BNG é capaz de facer nos concellos que goberna

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse até Arteixo para apoiar a candidatura que encabeza Xurxo Couto, para o que pediu o apoio da veciñanza o 26M porque o concello “non merece outros catro anos máis de PP”, incapaz de desenvolver o plan xeral ou o partido dos recortes en sanidade e educación, nun municipio con importantes déficits en ambos servizos básicos.

“Este concello precisa un cambio real, e o BNG ten un modelo municipal de éxito, que funciona, capaz de transformar en positivos vilas e cidades a favor das persoas. Moi cerca temos un exemplo moi claro: Carballo”, indicou por tratarse dun municipio con similar número de habitantes e dentro da área metropolitana da Coruña.

“Onde gobernamos construímos concellos con calidade de vida, rentabilizamos cada euro, son exemplos de democracia participativa, concellos feministas que apostan pola igualdade, sustentables, e con dinamismo económico, social e cultural. Iso é o que queremos tamén para Arteixo a partir do 26M”, recalcou, “da man de Xurxo Couto e da equipa da candidatura do Bloque”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG